O PP de Allariz critica a pasividade do grupo de goberno por non poñer unha parcela a disposición da consellería de Sanidade para facer un novo centro de Saúde

Luz Doporto pide explicacións á rexedora despois de coñecerse que o Concello de Allariz leva nove meses sen respostar á Consellería de Sanidade cunha proposta de parcela para edificar o novo centro de saúde, recollido dentro do Plan de Infraestruturas Sanitarias de Atención Primaria
A voceira do Partido Popular de Allariz lamenta a pasividade de Cristina Cid e encaixa esta situación na “completa desconexión” da alcaldesa coa realidade e as necesidades dos veciños
A voceira do Partido Popular de Allariz, Luz Doporto, rexistrou esta mañá no Concello un escrito solicitando á alcaldesa de Allariz unha xunta de voceiros urxente, para dar explicacións despois de coñecerse que leva nove meses sen respostar á Consellería de Sanidade cunha proposta de parcela para edificar o novo centro de saúde, recollido dentro do Plan de Infraestruturas Sanitarias de Atención Primaria. Unha situación única entre tódolos concellos galegos incluídos na fase 1 e 2 deste Plan e que, segundo lamenta Doporto, pode “poñer en risco este equipamento, vital para os nosos veciños”.
“Esta situación é inconcibible. Non entendemos esta actitude, máxime cando o grupo municipal do PP temos preguntando en varias ocasións durante os últimos meses por este asunto, sendo a resposta sempre a mesma: ‘En estudo”, resaltou Luz Doporto.
A voceira do PP lamenta a pasividade da alcaldesa: “Hoxe podemos comprobar que a deixadez de funcións de Cristina Cid pode deixar a Allariz fora do Plan de Infraestruturas sanitarias da Xunta de Galicia. Unha cuestión que seméllanos unha traizón a tódolos veciños de Allariz e unha traizón á confianza depositada en ela para a xestión dos recursos e necesidades da nosa vila”.
Luz Doporto analiza esta situación como unha nova proba da desconexión de Cristina Cid coa realidade de Allariz: “Coñecíamos de sobra a falta de comunicación da alcaldesa cos veciños e agora comprobamos ata onde chega o seu nivel de incapacidade para relacionarse con administracións coma a Xunta de Galicia”.
Nove meses sen resposta dende o Concello de Allariz
Despois de aprobar o Plan de Infraestruturas Sanitarias de Atención Primaria, o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, enviou cartas ós alcaldes poñéndose á súa disposición para que o persoal técnico avaliase ás parcelas ofrecidas polos concellos para levantar os centros contemplados na fase 1 e 2 dos plan, entre os que se encontra Allariz.
Como sinalou o propio Julio García Comesaña onte no Parlamento de Galicia, nove meses
despois do envío desta comunicación, o Concello de Allariz sigue sen dar resposta. O conselleiro de Sanidade lamentou esta situación e a contrapoñeu ó que sucede en municipios ourensáns como Boborás ou Muíños, onde xa firmaron os convenios e están aprobadas as encomendas de xestión á Axencia Galega de Infraestruturas para licitar este mesmo ano ós proxectos arquitectónicos dos novos.