Este xoves presentación do libro “A casa da mina” de M.ª Carmen Caramés Gorgal, gañadora do XXII Premio Risco de Creación Literaria convocado polo Concello de Ourense en 2021

O xoves, 21 de xullo, ás 20 horas en Ler librerías de Santa Comba na Coruña, o selo editorial da Fundación Vicente Risco, Dr. Alveiros, presenta o libro O xoves, 21 de xullo, ás 20 horas en Ler librerías de Santa Comba na Coruña, o selo editorial da Fundación Vicente Risco, Dr. Alveiros, presenta o libro “A casa da mina” de M.ª Carmen Caramés Gorgal, gañadora do XXII Premio Risco de Creación Literaria convocado polo Concello de Ourense en 2021. convocado polo Concello de Ourense en 2021.

Intervirán Carmen Blanco Ramos, escritora e filóloga; Diana Pastoriza, da editorial Dr. Alveiros; e M.ª Carmen Caramés Gorgal, autora do libro.
BIOGRAFÍA DA AUTORA:M.ª Carmen Caramés Gorgal (Santa Comba, 1966), pasa os seus primeiros anos entre o seu pobo natal e Rial, en Val do Dubra, trasladándose posteriormente a Santiago de Compostela onde cursa o bacharelato e a licenciatura de Filosofía e Ciencias da Educación, e é nesta cidade onde reside actualmente e desempeña a súa labor como docente.
Como autora ten recibido diversos recoñecementos e publicado varias obras tanto en poesía como en narrativa.
A Casa da Mina (XXII Premio Risco de Creación Literaria, 2021)
De tu tacto (XXXIX Premios Literarios Ciudad de Valencia 2021. Premio Juan Gil Albert de poesía en castellano) Ed. Pre-Textos 2022
Da Casa do Mar e das Ausencias (Premio Eduardo Pondal de Poesía) Ed. Medulia 2020.
A Madriña. Novela. Edicións Fervenza, 2018.
As Idades Perdidas (XXI Premio Poesía Avelina Valladares) Ed. Embora 2017.
Dos Días Escuros. (Premio Poesía Johán Carballeira) Xerais, 2015
Lola (VII Premio Relatos de Muller Matilde Bares) Concello de Bueu 2011.
Cuarto Minguante (II Premio Poesía Victoriano Taibo) Instituto de Estudos Miñoranos, 2009.
Días de Namorar. (V Premio Relatos de Muller Matilde Bares) Concello de Bueu, 2009.
No Nome da Nai (1º Premio Poesía XII Certame Manuel-Orestes Rodríguez López) 2007.
Nas Marxes do Tempo (Accésit X Certame de Poesía Francisco Añón) Concello de Outes, 2006.
Escolma. (1º Premio Certame de Poesía Rosalía de Castro – Centro Galego de Santander) 2004.

AVANTAR ACTIVIDADES

RESUMO DO LIBRO:Os primeiros recordos de Sara en Randufe, a pequena aldea de Santa Comba onde naceu, son os de andar coa súa nai ao xornal de casa en casa, de sol a sol, e dun pai, arrieiro de profesión, que só ía visitalas para aumentar máis as súas penurias.
A súa miseria multiplicouse cando, con doce anos, a Guerra Civil “estoupounos na cara para deixarnos cegos, xordos, desorientados e máis esfameados do que estiveramos nunca”. Non chegou a alegría tampouco ao remate da contenda, houbo baixas que a mancaron profundamente e “a fame empezou a roldar coma unha manda de lobos ao axexo dun rabaño de ovellas. Día e noite, continuamente.”
Pero semellaba que o seu destino estivese escrito e todo na súa vida sobreviñese como por azar. Así foi como, acabada de rematar a guerra e con quince anos, comenzou a traballar na mina de Varilongo, a que, pouco tempo despois, en 1941, se descubriría coma un dos maiores xacementos de volframio que abastecería a maquinaria de guerra nazi durante a Segunda Guerra Mundial. Varilongo virou entón nun formigueiro de xente de moi diversa condición e procedencia na procura dun futuro que se adiviñaba ben próspero ao abeiro do “ouro negro”.
Foi neste contexto onde “a miña vida dá un xiro radical, un inesperado golpe de efecto do destino que nin eu mesma contemplaría nos meus soños máis pretensiosos, nas miñas fantasías de adolescente sen máis expectativas que as de poder deixar atrás as catro paredes do caseto no que malvivía e comer quente tres veces ao día.”
Alí, e de novo por casualidade, coñece a Hannes, un enxeñeiro alemán que,  mesmo sen pretendelo, a introduce en mundos e submundos descoñecidos para ela. Un nobelo onde se enredan os lategazos do golpe fascista aínda presentes, a estrita moral da época, a clandestinidade, a solidariedade… Intrigas que pouco apouco vai desleando e que a levarán a descubrimentos e experiencias sorprendentes.