Detida a presunta autora dos cinco incendios forestais na comarca de Verín

 A superficie calcinada polo lume é de 1000 hectáreas

13 de setembro de 2022.- A Garda Civil, no marco da operación Ignis, detivo a unha muller como presunta autora de cinco delitos de incendio forestal e sete delitos de danos na comarca de Verín.

AVANTAR ACTIVIDADES

Os incendios producíronse os días tres e catro de agosto e afectou as poboacións de Verín, Rasela, Cabreiroa, Abedes e Sousas. Chegouse a declarar o nivel 2 de emerxencias debido á proximidade das chamas ás vivendas e ás zonas afectadas.

A superficie calcinada polo lume alcanzou as 1.000 hectáreas. Nos incendios varias persoas tiveron que recibir asistencia médica e resultaron calcinadas varias vivendas e vehículos.

Na investigación, a Garda Civil contou coa estreita colaboración dos Axentes de investigación de incendios forestais (UIFO), da Xunta de Galicia.