Ribadavia presenta un novo plan de rehabilitación centrado no aforro enerxético das vivendas da zona monumental.

O Concello de Ribadavia elabora un novo Programa para fomentar a rehabilitación de vivendas no casco histórico.

É unha nova liña de rehabilitación financiada pola  Unión Europea Next Generation.

O Concello ven de redactar un novo Programa da Área de Rehabilitación del Casco Histórico
de Ribadavia, coa denominación de ENTORNO RESIDENCIAL DE REHABILITACIÓN PROGRAMADA. Grazas a este programa ven de solicitarse a incorporación das actuacións de rehabilitación de edificios e vivendas no Programa de axuda ás actuacións de rehabilitación a nivel de barrio do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea Next Generation,  regulado e convocado pola Xunta e o Instituto Galego de Vivenda e Solo no mes de xullo.

AVANTAR ACTIVIDADES

O Concello preséntalle á Xunta de Galicia este programa buscando a súa colaboración para avanzar na posible declaración dun entorno residencial de rehabilitación programada no municipio co obxectivo de que os propietarios de vivendas emprazadas nas ARIS de Ribadavia e San Cristovo poidan acceder ás axudas para a mellora da eficiencia enerxética, incluídas no programa de rehabilitación convocado este verán pola Xunta.

Este novo programa supón unha nova aposta da concellaría de urbanismo e casco histórico de Ribadavia pola recuperación do casco histórico de Ribadavia e de San Cristovo de Regodeigón, a través da mellora e rehabilitación das súas vivendas.
Brais Fidalgo, responsable desta área, manifesta a súa satisfacción por ter conseguido ampliar o número de solicitudes de proxectos e axudas para a rehabilitación en Ribadavia, a través dos diferentes Plans nos que o Concello está traballando, e fíxase como obxectivo seguir mellorando estas zonas xa que son un factor clave na dinamización de todo o municipio a nivel socioeconómico.
A zona monumental ademais de constituír a orixe xenuína de Ribadavia, é un dos polos de atracción turística e de posible ampliación poboacional para asentar novos veciños no noso municipio.

O importe das axudas previstas varía en función da mellora da eficiencia enerxética obtida e poden acadar o 100% do orzamento da obra, cun límite de 29.425 euros para as rendas máis baixas, e 21.400 euros en xeral. Ademais, os concellos tamén poderán recibir axudas para acometer actuacións de urbanización, reurbanización ou mellora da contorna física nos ámbitos seleccionados.
Ademais, tamén contemplase unha axuda de 192 euros por metro, para outros usos que non sexa vivenda, como por exemplo para local comercial ou almacén do inmoble.

O programa a nivel galego, está financiado con fondos europeos do NextGenerationUE, e foi publicado o 19 de xulio, cunha dotación de 11,5 millóns de euros.