Arquivan a causa da Pokémon que investigou ao exalcalde de O Carballiño Argimiro Marnotes

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O xulgado do Carballiño deu carpetazo á peza separada da Operación Pokémon na que se investigaba ao exalcalde da localidade Argimiro Marnotes e a dous cargos de Vendex.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Como vén ocorrendo nas últimas semanas con decenas de pezas relacionadas coa macrocausa aberta no seu día pola exxuíz do Tribunal de Lugo Pilar de Lara, a investigación foi arquivada

Con isto, péchase unha nova vía da macrooperación Pokémon, iniciada no ano 2012 pola xuíza Pilar de Lara e que chegou a ter máis dun centenar de imputados en distintos concellos e na contorna da empresa Vendex. Con todo, moitas das pezas separadas han recibido posteriormente carpetazo.