Este xoves en Carballiño a campaña “Mercar non teu comercio ten premio” premiará aos clientes do comercio local co sorteo de tarxetas de compra.

Sorteo en directo dos premios da campaña “Mercar no teu comercio ten premio” en Carballiño, que terá lugar o xoves 27 de outubro, ás 20.00 horas, na Praza Maior.

O evento celébrase entre as 18.00 e as 20.00 hs. Dúas horas nas que poderán
canxearse os tickets das compras realizadas durante as datas de duración da
campaña (do 21 ao 27 de outubro neste caso) polos boletos para participar no sorteo
en directo de 900 euros repartidos en 2 tarxetas prepago de 300 e 6 de 50 euros.
Estas tarxetas deberán ser empregadas polos gañadores en novas compras no
comercio de proximidade local.
“Mercar no teu comercio ten premio” é unha iniciativa de promoción do
comercio de proximidade galego, organizada pola Federación de Comercio de
Ourense, a Federación Galega de Comercio e a Consellería de Economía, Industria e
Innovación – Dirección Xeral de Comercio e Consumo da Xunta de Galicia, coa
colaboración neste caso da Asociación Carballiño Centro Comercial Aberto.
Así, todos os clientes de Carballiño que realizaran compras no comercio de
proximidade entre as datas sinaladas, poden participar no sorteo en directo destes 900
euros en premios. Este sorteo contará coa presencia de representantes das entidades
organizadoras, entre eles a presidenta da Federación de Comercio de Ourense, Beatriz
Gómez Valcárcel, o presidente do CCA Carballiño, Julián Garriga, a xerente do CCA
Carballiño, Noelia Mares, e a concelleira de comercio, Silvia Baranda.

AVANTAR ACTIVIDADES