O PSOE do Irixo denuncia un presunto fraude á veciñanza na comercialización de castañas

O portavoz socialista do Irixo Iago Fariñas Valiña, ten requirido do alcalde o acceso “expediente completo e documentación relacionada da compra e venta de castañas por este Concello e a súa comercialización, fabricación de fariña, etc., nos últimos anos 2020 e 2021 segundo o anunciado por este concello os medios de comunicación. Debe incluír relación de ingresos e gastos, facturas de gastos e ingresos, contratos firmados, convenios e subvencións, etc… e calquera documento relacionado.”

Lamentan os socialistas a falta de transparencia no gasto do diñeiro público por parte do Concello de O  Irixo e o seu alcalde, que non facilita as facturas da conta xeral do concello nin xustifica os gastos de outras moitas cousas reclamadas polos socialistas xa fai meses.

AVANTAR ACTIVIDADES

Tampouco da acceso o expediente da “Feira do Tellado” e “Festa do Cabalo” 2022, coa relación de gastos e ingresos e relación de facturas e subvencións que teñen solicitado tamén os socialistas dende fai meses.

Tampouco o expediente e documentación relacionada da “marca Irixo” e “tenda da marca Irixo”, relación de ingresos e gastos, facturas de gastos e ingresos, contratos firmados, convenios e subvencións, etc… dende a súa posta en marcha a actualidade.

Tampouco o expediente ou expedientes da programación e/ou concertos, actuacións e/ou actividades organizadas polo concello este verán 2022, relación de gastos e ingresos e relación de facturas e subvencións..