O BNG urxe compromisos económicos para atallar a violencia machista

Sofía García traslada ao concello a necesidade de impulsar compromisos económicos e orzamentarios para garantir a atención á violencia machista no contexto de crise de prezos e de rearme do machismoO Carballiño, 25 de novembro de 2022. A voceira do BNG no Carballiño, Sofía García, traslada ao pleno da vila a necesidade de manter e ampliar os compromisos económicos ca igualdade e a loita contra violencia machista, a necesidade de comprometerse co fortalecemento dos CIM e ademais revalidar o compromiso das institucións públicas coas mobilizacións feministas do 25N .”A violencia machista segue forte na nosa sociedade, como mostra da vixencia do sistema patriarcal.”Desde o BNG demándase o apoio da corporación para esixir á Xunta o incremento dos recursos económicos destinados especificamente a loitar contra a violencia de xénero do proxecto de orzamentos de 2023 de forma que se sitúen, como mínimo, no 1% do total e así dotar de suficientes recursos para que se rectifique a liña de incumprimento da Lei 11/2007, do 27 de xullo, para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.Sofía García demandará o fortalecendo dos CIM. “Este é un chanzo necesario para garantir a igualdade de opcións e trato das galegas ao longo do territorio, para avanzar na profesionalización e na mellora da atención e para prever e intervir ante as necesidades actuais” sinalou. A voceira nacionalista esixe neste senso do pleno municipal que demande da Xunta de Galiza a aprobación dun programa de ampliación e extensión dos CIM. Primeiramente co incremento da achega económica do programa de axudas e subvencións de apoio aos CIM co obxectivo de reforzar e ampliar a rede galega de CIM. E en segundo lugar reforzar o financiamento anual dos CIM
 garantindo, asemade, que o Programa de apoio aos CIM cubra os custes de persoal e de mantemento, favorecendo o desenvolvemento de actividades e programas de prevención da violencia machista e de promoción da igualdade así como a incorporación de novos perfís profesionais aos centros.Os CIM son de titularidade municipal porén é a Xunta quen delimita os seus requisitos e establece un financiamento tope máximo que limita de facto o cadro de persoal e os perfís profesionais, tal como sinalou a FEGAMP no seu primeiro informe sobre a acción dos concellos galegos. Das limitacións orzamentarias “deriva en que o groso dos recursos económicos vaian dirixidos ao pagamento do persoal e dos custes de mantemento dos centros mentres que apenas o 5% se destina a accións de prevención e promoción da igualdade.” sinala a voceira nacionalista.A voceira nacionalista do Carballiño tamén demanda un compromiso da institución municipal de cara este 25-N e traslada ao ente municipal que a corporación do concello do Carballiño exprese pública e explícitamente o seu apoio ás mobilizacións feministas convocadas ao abeiro do 25 de novembro de 2022 contra a violencia machista.”Nun contexto onde medran os discursos misóxinos que cuestionan a desigualdade e a violencia machista, é necesario que as administracións revaliden o seu compromiso co impulso e o apoio económico das medidas en materia de fomento da igualdade e loita contra estas violencias”