Esta mañá poñíanse á venda as últimas 250 entradas para os non socios para o encontro máis esperado do ano. En apenas media hora dende que se abriu a taquilla os afeccionados remataron cos billetes que quedaban. Non fixo falla máis. O aforo está completo e agora so queda desfrutar do que será un día histórico para O Carballiño.
Dende o pasado sábado comezou a venta de entradas para o que será un encontro histórico. O C.D. Arenteiro enfróntase na segunda ronda da Copa do Rei ó Atlético de Madrid, o vindeiro xoves día 22, no campo de Espiñedo.
A venta fíxose de xeito escalonado, por número de abono, pero aínda así a demanda superou as expectativas. O club aumentou o aforo para este econtro ca colocación dunha grada supletoria que será provisional, facendo que haxa espazo para 2.800 persoas.