A Deputación promoveu unha vintena de iniciativas para poñer en valor os recursos naturais e culturais do río Limia-Lima

Este mes complétase o proxecto “Fronteira Esquecida”,  counha vintena de iniciativas promovidas pola Deputación de Ourense para poñer en valor os recursos naturais e culturais do río Limia-Lima. Este proxecto está cofinanciado ao 75% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do programa Interreg España-Portugal (POCTEP) 2014-2020, cun orzamento de 1.450.887,16 euros.

A xornada de peche do proxecto contou ca participación de especialistas e operadores de turismo que desenvolven actividades turísticas neste espazo, que abordou o tema do desenvolvemento turístico, a importancia das redes turísticas e a cohesión territorial e a construción dun produto turístico integrado para a conca do río Limia – Lima.

AVANTAR ACTIVIDADES

A Deputación de Ourense, como beneficiaria principal deste proxecto, amosou as actuacións que levou a cabo a institución provincial e outros socios de “Fronteira Esquecida” ao longo destes dous anos, as cales permitiron poñer en valor os recursos naturais e culturais do río Limia-Lima e arredores, a través da creación dunha estrutura de xestión transfronteiriza e a promoción dun conxunto de actividades para promover este espazo como un espazo turístico de calidade e sostible, nacendo así o Destino Río Limia-Lima. 

Dentro das actividades realizadas pola Deputación de Ourense, atópanse: 

– Creación dun soportal no complexo turístico do Corgo, en Muíños. -Dotación de mobiliario nunha ruta peonil en Muíños a beira do encoro das Conchas.-Catálogo con 108 fichas, que reúnen 114 elementos patrimoniais e máis de 500 fotografías, dende o nacemento do río, no monte Talariño (Sarreaus) ata a súa desembocadura en Viana do Castelo. 

– Un mapa turístico que reúne os 114 elementos do catálogo.

– Realización de 20 microvídeos (un por concello/cámara municipal) e un vídeo resumo en 4 idiomas.

– Un mapa turístico dunha ruta piloto no que se amosan os 40 elementos máis destacables do territorio, 20 en Galicia e 20 en Portugal. 

– Un libro cas mellores fotografías do territorio que abrangue o proxecto “Fronteira Esquecida”.

– Creación dun Itinerario fotográfico acompañado da colocación de 7 soportes para tomar fotografías cos teléfonos ou cámaras en diversas localizacións. Ademais realizáronse dúas exposicións cas mellores fotografías deste traballo, unha na cidade de Ourense e outro na vila de Xinzo de Limia.

– Realización dun evento gastronómico en Lobios, “GastroLimia”, onde participaron varios especialistas en turismo que abordaron o tema do desenvolvemento turístico, a importancia das redes turísticas e a cohesión territorial e puideron desfrutar da gastronomía do territorio.

– Realización dunha proba de BTT transfronteiriza e un mapa cunha ruta de BTT transfronteiriza.

– Melloras de accesibilidade no entorno do río.

– “Blog trip” para promocionar a través das redes sociais os Destino Río Limia-Lima.

– Páxina web e redes sociais do proxecto e destino.

– Elaboración de 6 paquetes turísticos transfronteirizos e a promoción física do destino en varios seminarios turísticos (workshops) e na Feira Internacional do Turismo de Interior (INTUR). 

Ademais, hai varias actuacións que están a piques de rematar. Por un lado estará finalizada unha estratexia dixital para á captación de segmentos de turistas específicos do Destino Río Limia-Lima e por outro, a instalación dun monolito de pedra co mapa turístico do destino no nacemento do río no Monte Talariño (Sarreaus). Tamén estará dispoñible en vindeiras datas unha app para a comercialización dos paquetes turísticos e un plan de comercialización dos mesmos.

Por outro lado, o resto do socios levaron a cabo actuacións como:

>Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia

-Rehabilitación da Caseta de Pescadores e o seu entorno, en Bande.

-Ruta xeolóxica coa colocación de 21 monolitos de interese xeolóxico.

-Guía xeolóxica do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés. 

-Varios estudos para mellorar o coñecemento da flora e fauna no entorno do río Limia-Lima.

-Guía plano do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés.

>Confederación Hidrográfica Miño-Sil:

-Restauración da Ponte de Soutelo en Bande (rematado proximamente).

-Restauración hidrolóxico-forestal no río Limia (rematada proximamente).

-Cámara Municipal de Ponte de Lima

-Melloras nas sendas peonís do entorno do río.

-Evento gastronómico, “Gastronomía Limia-Lima”.

-Viaxe de prensa para promocionar o destino Río Limia-Lima.

>Cámara Municipal de Arcos de Valdevez

-Construción dun miradoiro sobre o río Lima en Cunhas (Soajo).

-Construción dunha plataforma flotante en Vilarinho de Souto, na Ecovía de Ermelo (proximamente).

-Sinalización na Ecovía de Ermelo.

-Itinerario de montaña equipado con chanzos, raís, ramplas e cables (proximamente).

-Evento gastronómico (proximamente).

-Produtos turísticos en torno ao Río Lima (proximamente).

>Cámara Municipal de Viana do Castelo

-Elaboración dun proxecto para a estabilización dun tramo da marxe do río Lima.

-Plan integrado de valorización da Veiga de S. Simão.

-Evento gastronómico, “Gastronomía Lima-Limia”.

-Accións de limpeza, arborización e regularización de plataformas de camiños en terreo natural.

-Creación de accesibilidade para persoas con mobilidade reducida – instalación dunha rampla na -Ponte da Veiga de S. Simão (proximamente).

-Itinerario fotográfico (proximamente).

-Produtos turísticos conxuntos en torno ao Río Lima (proximamente).

>Cámara Municipal de Ponte da Barca

-Eliminación de maleza, restauración da flora, mellora do acceso aos recursos naturais e culturais e deseño, creación e sinalización de rutas (proximamente).

-Itinerario fotográfico (proximamente).

Máis información sobre o proxecto en https://fronteiraesquecida.eu/