O Club Ciclista organizou esta mañá unha xincana de Nadal

Esta mañá, a Praza da Veracruz acolleu a xincana de Nadal organizada polo Club Ciclista Carballiño en colaboración co concello, para pasar unha mañá diferente nestas vacacións. Puido celebrarse despois que quedase adiada a causa do mal tempo da pasada semana.

Os máis pequenos desfrutaron dunha mañá de entretemento e deporte, aprendendo e mellorando ca bici, acompañados tamén dalgúns pais. Uns animáronse a participar cos seus fillos, e outros desfrutaron vendo como se divertían, valorando moi positivamente esta iniciativa.

AVANTAR ACTIVIDADES

O Club Ciclista Carballiño busca con esta xornada dar a coñecer a súa escola, para a que aínda teñen prazas libres para todos os que queiran pedir información e anotarse.