Os Reis Magos chegan a Ribadavia

O 5 de xaneiro é un día especial porque os Reis Magos de Oriente visitarán Ribadavia. Este ano retomase a tradicional cabalgata de reis magos, tras o parón obrigado pola normativa Anti-COVID. 
Será a partir das 18:00 horas que as SSMM. os Reis Magos de Oriente chegarán á  nosa vila, e recibirán aos máis pequenos. Saída: desde o IES O Ribeiro. Remate: na Praza Maior. 

VALORACIÓN POSITIVA DA PROGRAMACIÓN CULTURAL DURANTE O NADAL EN RIBADAVIA. 
ÉXITO DE RIBANADAL, MOI BO AMBIENTE E CHEO TODAS AS TARDES. 
SATISFACCIÓN DAS FAMILIAS CO PROGRAMA DE CONCILIACIÓN. 
Hoxe, mércores, 4 de xaneiro, é o último día de RIBANADAL, xa que mañá pola tarde hai cabalgata dos reis magos. Mañá, xoves remata o programa de conciliación escolar, por ser o último día laboral antes do comezo do curso escolar.  
– RibaNadal supuxo un espazo amplo e con programación diaria de actividades para todos os nenos e nenas, sendo unha moi boa alternativa para estas datas que se caracterizaron pola climatoloxía adversa. Esta edición caracterizouse polo éxito, logrando un moi bo ambiente e con moitas tardes de cheo total, onde as actividades programadas foron moi participadas.  
O Concello de  Ribadavia valora positivamente o desenvolvemento das actividades durante o Nadal e destaca a boa acollida tanto de RibaNadal como de todas as actividades infantís diarias e de carácter gratuíto para os máis pequenos. 
– Se RibaNadal foi un éxito, o mesmo pódese dicir do Programa de conciliación polas mañás, cun récord de participación con 55 matrículas, supoñendo 16 máis que o ano pasado, ampliando os horarios, de 8.45 a 14h, e ofertando prezos moi asequibles, logrando acoller a todas as familias sen exclusión. 
Ribadavia destaca como un dos concellos da provincia con mellor servizo de conciliación laboral e familiar, grazas ao cal é moito máis doado poder vivir en Ribadavia.  

AVANTAR ACTIVIDADES

– Carrusel Ademais da programación deste nadal, en Ribadavia volveuse ofertar un ano máis un carrusel gratuíto para todos os nenos e nenas, o cal tamén está sendo un éxito, logrando moi boa acollida tanto polas familias de Ribadavia como das que nos visitan nestas datas, as cales agradecen con sorpresa a súa gratuidade, sendo un reclamo importante.  
HORARIO DO  CARRUSEL PARA ESTA SEMANA:   🌟 Dos días 2 ao 4 xaneiro: Mañáns de 12h-14h Tardes de 16:30h- 19:30h 🌟 Xoves 5 xaneiro, tarde de cabalgata:  Mañá de 12h-14h  🌟 Venres 6 xaneiro, día de Reis: Mañá de 12h-14h Tarde de 16:30h-19:30h.  ☔️ Supeditado a cambios segundo a climatoloxía.
– Concerto Nadal.O sábado a tarde remata o programa cultural a cargo do Concerto de A Lira de Ribadavia.