O Carballiño acolleu o casting para unha curta sobre as romarías dos 50 e as pulpeiras

O Carballiño converterase nun plató de cine con motivo da rodaxe dunha curtametraxe ambientada nunha romaría dos anos 50 coa figura das pulpeiras como protagonistas. Para poder levar a cabo a rodaxe estanse a buscar actores e actrices. Onte foi o casting no auditorio, e estivemos alí.

Máis en concreto, búscanse catro perfís femininos, un para a muller protagonista, outro para actriz principal e dous para papeis secundarios, e outros dous papeis masculinos. Falamos con algúns deles.

AVANTAR ACTIVIDADES

Tamén estivo presente na iniciativa o concelleiro de Turismo, Manuel Dacal, quen agradeceu que se manteña viva a tradición do Carballiño con proxectos coma este.