Primeira procesión da Semana Santa co traslado da Virxe Dolorosa

Comeza este venres, 30 de marzo, o ciclo de seis procesións de Semana Santa programadas pola Cofradía da Vera Cruz en colaboración coa Parroquia do Carballiño. Trátase da Procesión do Traslado da Virxe Dolorosa dende a Igrexa Parroquial de San Cibrao ata o Templo da Verzacruz, que sairá ás 20,30 h, tras o remate da misa, que terá lugar ás 20,00 h, e que percorrerá as rúas Vulcano, Tomás María Mosquera, Rosalía de Castro, Curros Enríquez e Rúa dos Canteiros.

A procesión estará acompañada pola Sección Musical da Cofradía Franciscana da Vera Cruz de Santiago de Compostela.

AVANTAR ACTIVIDADES

(Adxuntamos plano do itinerario da procesión).