Ourense volta a ser a capital do canto a través dunha nova edición de Ourencanto

-11.00 horas: Presentación de Ourencanto.- O vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández, participa na presentación da V edición do Encontro de Coros Infantís, Xuvenís e Escolares, “Ourencanto”, que se celebrará na cidade do 14 ao 17 de abril de 2023. Tamén participan Carlos Núñez Deza e Cristina Rodríguez Boado (Organizadores de Ourencanto), Ismael Méndez Outeiriño (Xefe de Cultura do Concello de Ourense) e José Fisteos Suengas (Xefe territorial de Educación). Lugar: Sala de prensa da Deputación.

O Pazo Provincial acolleu esta mañá a presentación do V Encontro de Coros Infantís, Xuvenís e Escolares, que do 14 ao 17 de abril volverá a converter á cidade de Ourense en capital do canto ao reunir a 445 rapaces de toda a provincia e outros puntos de Galicia. 

Este encontro está patrocinado pola Deputación, Xunta de Galicia e Concello de Ourense e está dirixido por Josu Elberdin, recoñecido, segundo explican dende a organización, como un dos mellores compositores e directores de coros infantís a nivel mundial. 

AVANTAR ACTIVIDADES

O vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández, participou esta mañá na sala de prensa do Pazo Provincial acompañado polo xefe territorial de Educación, José Fisteos; o xefe do servizo de Cultura do Concello de Ourense, Ismael Méndez; e os organizadores de Ourencanto, Carlos Núñez e Cristina Rodríguez. 

Rosendo Fernández felicitou aos organizadores por este proxecto, “completamente consolidado e que xa é unha referencia nacional e internacional, ao promover iniciativas de colaboración en outras comunidades autónomas e en Latinoamérica”. 

Novidades desta quinta edición

Nas súas intervencións, Carlos Núñez e Cristina Rodríguez explicaron os detalles desta quinta edición de Ourencanto, que arrancará coas sesións de traballo dos rapaces participantes mañá e o sábado para terminar cun concerto no Auditorio municipal -aberto ao público- o domingo 16 de abril a partir das 19,00 horas. 

Como unha das novidades deste ano, o luns 17, ás 10,00 e ás 12,00 horas, no Auditorio municipal haberá dúas sesións especiais para un millar de escolares de terceiro e cuarto de Primaria de diferentes centros educativos da cidade de Ourense. 

Toda a información sobre este evento na súa web ourencanto.org