Manuel Baltar recibe no Pazo Provincial á directiva do Liceo de Ourense

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu esta mañá no Pazo Provincial á directiva do Liceo, encabezada polo seu presidente, Xavier Casares, coa que analizou a colaboración que o goberno provincial mantén con esta entidade cultural, tanto na programación de actividades como no mantemento e reforma da sede, o Palacio Oca-Valladares, construción que data do século XVI.  

Manuel Baltar escoitou as propostas formuladas polos representantes do Liceo -no encontro tamén estivo o seu xerente, José Luis Troitiño, e o socio liceísta José Luis Sousa-, unha entidade aliada estratéxica para a Deputación como símbolo que representa non só ao mundo cultural ourensá, senón tamén á propia provincia de Ourense. 

AVANTAR ACTIVIDADES