Skadelos presenta ‘Agora Quero’, o seu novo sinxelo

Skadelos presenta ‘Agora Quero’, o seu novo sinxelo

AVANTAR ACTIVIDADES


O grupo carballiñés Skadelos estrea o seu novo sinxelo “Agora Quero” hoxe venres 5 de maio. Gravado e producido en Xílgaro Estudios, este tema primaveral chega para dar frescura e alegría a calquera que o escoite.


Agora Quero pretende plasmar ese sentimento de superación e liberdade ó pasar unha mala época, ca motivación de que sempre se pode saír e dar solución cando se atravesa por un mal momento. En este novo tema, Skadelos reflexiona e pon en valor o amor propio, con frases como “Mirarme ó espello e descubrir todo o que teño dentro de min” o grupo manda unha mensaxe clara da necesidade de desfrutar de cada momento e, por suposto, liberdade. 
Skadelos é unha banda de O Carballiño que fusiona o pop-rock, rumba e o ska en acústico para crear unha festa innovadora e diferente. O grupo está formado por Darío Santomil (guitarra e voz), Diego Neira (percusión e voz) e Sander Ulloa (saxofón e percusión). Skadelos sitúase no panorama da música galega como unha banda emerxente que pouco a pouco se vai consolidando como unha aposta forte no presente e futuro da música galega.

Adxunto as ligazóns a Spotify e Youtube (Video Lyric) para que lle botedes un vistazo!Spotify:https://open.spotify.com/track/0sm1xMXiYCO7QrJbYTBNax?si=82f073c459c5439c
Youtube:(5) SKADELOS – Agora Quero (Lyric Video) – YouTube