A exposición sobre as pulpeiras muda de ubicación

“Pulpeiras do Carballiño. Herdeiras dunha tradición”. Este é o título do libro que impulsan o Concello do Carballiño, que asume a financiación, e a Asociación Fotográfica O Potiños para homenaxear a estas profesionais. O traballo, que contou coa participación de 30 familias de pulpeiras e ata tres xeracións, comezou a distribuírse o venres entre os protagonistas das imaxes e nunha exposición.

O resto dos exemplares distribuiranse na Casa Consistorial e os veciños e veciñas interesados poderán solicitar un por persoa. Tamén repartiranse entre os membros da Asociación O Potiños. 

AVANTAR ACTIVIDADES

Agora, a mostra muda de ubicación, cara un local ubicado na Alameda. A exposición poderá verse os venres de 19h a 21h e os sábados e domingos de 18:00h a 21:00h, estará aberta o publico, de forma gratuíta, todo o mes de maio.