Manuel Baltar: “O futuro en Maside chámase Partido Popular e conta cun candidato como Nacho Campo, con ilusión, traballo e capacidade para reactivar este concello”

Nacho Campo: “Queremos facer un Maside mellor, e sen dúbida temos un equipo con enerxía, formado e con capacidade suficiente para devolver este concello a onde realmente se merece”

  • O líder dos populares ourensáns e candidato á Deputación de Ourense definiu esta tarde no mitin, celebrado no Edificio Escolar Alameda, a Nacho Campo coma unha persoa “sobrada de ilusións, de traballo e de capacidade para reactivar este concello, contaxiando á xente do que pode volver a ser Maside”
  • “Esta é a aposta do Partido Popular de Ourense: unha candidatura liderada polo presidente provincial de Novas Xeracións e un equipo renovado, cun partido que o arroupa a todos os niveis -provincial, autonómico e estatal-“
  • “O futuro en Maside chámase Partido Popular e conta co liderado de Nacho Campo, que sen dúbida será tamén un referente da política municipal ourensá no que respecta á dinamización do medio rural e a xerar un territorio cada vez máis atractivo”, remarcou Manuel Baltar
  • O presidente do PPdeOU avanzou o “máximo compromiso da Deputación co futuro de Maside. Porque este goberno provincial sempre está ao carón dos concellos, pero para poder desenvolver proxectos necesitamos atoparnos cunha xestión municipal seria, rigorosa e previsible. Xusto o que garante Nacho Campo e todo o seu gran equipo”
  • “O Plan de Mandato 2127”, detallou Manuel Baltar, “conta con iniciativas específicas para a dinamización do medio rural e a transformación do territorio, ademais doutras perfiladas para favorecer o emprendemento dos mozos e políticas sociais que son fundamentais para o futuro de toda a nosa provincia”

NACHO CAMPO: “IMPULSAREMOS UN PLAN DE MANTEMENTO E CONSERVACIÓN DE TODOS OS POBOS DO CONCELLO, NO QUE DETALLAREMOS COMO, CANDO, DONDE E QUE FAREMOS EN CADA UN DOS POBOS DE MASIDE”

AVANTAR ACTIVIDADES
  • O candidato popular agradeceu na súa intervención desta tarde o respaldo de Manuel Baltar e José González, pondo en valor a “importancia da cooperación institucional para avanzar na construción do Maside do futuro, o concello que todos queremos”
  • “Dende o Partido Popular comprometémonos a ter redactado, presentado e aprobado o Plan Xeral de Ordenación Municipal nos vindeiros tres anos”
  • “Impulsaremos un plan de mantemento e renovación integral de todos os pobos do concello no que detallaremos como, cando, onde e que faremos en cada un dos pobos de Maside”, resaltou Nacho Campo
  • “A nosa xente é o máis importante e por elo cremos que é imprescindible a creación dun centro de día para os nosos maiores, unha biblioteca con sala de informática, clases de apoio educativo para o noso estudantado e unha gardería para os máis cativos”
  • “Dende o Partido Popular de Maside queremos facer un Maside mellor, e sen dúbida temos un equipo con enerxía, formado e con capacidade suficiente para que a partir do 28 de maio, o Partido Popular devolva este concello a onde realmente se merece”, concluíu Nacho Campo