Programa de goberno do PSdeG-PSOE para O Carballiño: Promoción da Cultura

O Carballiño é un referente a nivel provincial e autonómico en programación cultural, e, neste sentido:

  • Seguiremos apoiando a inmensa actividade que desenvolven ao longo do ano os colectivos culturais.
  • Continuaremos incorporando melloras técnicas nas instalacións destinadas a cultura, como son o Auditorio Municipal e a Casa da Cultura, e intensificaremos, na medida do posible, a programación, sobre todo naqueles eventos culturais que teñen maior trascendencia, como son os diversos festivais.
  • Manteremos o fomento das actuacións dos grupos musicais locais e calquera iniciativa de promoción dos artistas carballiñeses.
  • Seguiremos promovendo os roteiros culturais, como os literarios dedicados a Manuel María, Emilia Pardo Bazán e murais das Letras Galegas, así como a creación doutros novos, como o que se adicará ó ‘Frank Soutelo’ de Miguel Anxo Fernández, ao cumplirse dúas décadas da publicación da primeira novela da saga.
  • Mantermos o apoio á edición de publicacións de interese cultural e histórico sobre O Carballiño, pois consideramos que son de interese para a veciñanza e poñen en valor o traballo intelectual, artístico e de investigación dos autores.