O PP de Ourense promete “devolver ao seu merecido lugar todas as iniciativas culturais maltratadas durante estes anos”

O Partido Popular de Ourense devolverá “ao seu merecido lugar”  todas aquelas iniciativas culturais maltratadas durante estes anos”, xa fosen impulsadas polas institucións públicas como desde as entidades e colectivos privados. Un compromiso que vai ter como obxectivo principal contribuír a que estas actividades culturais “recuperen un esplendor que nunca deberon perder, pero que foi ocultado tras a néboa do despropósito”.

Esta declaración de intencións quedou reflectida no manifesto do Partido Popular de Ourense, lido esta mañá por dous mozos da organización xuvenil Novas Xeracións nun acto desenvolvido na Praza da Imprenta con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, coa presenza do presidente provincial do PP, Manuel Baltar, o candidato á alcaldía de Ourense, Manuel Cabezas, e os membros da súa lista.

AVANTAR ACTIVIDADES

“Ourense sempre tivo unha relación especial co mundo das artes e a cultura e continúa conservando todo aquel encanto que tantas páxinas literarias deu á nosa cultura”, sinala o manifesto. Non obstante, lamentan os populares ourensáns, nestes últimos catro anos “secuestraron a nosa forma de vivir a arte de escribir, de contar historias, de representalas nos teatros, na rúa, de crear espazos onde os ourensáns inquietos por descubrir novos horizontes, acoden a diario”.

Mirando cara o futuro e no Día das Letras Galegas, o PP de Ourense reivindica “o noso compromiso coa nosa cultura, cunha cidade fértil de mentes privilexiadas, que toman o noso idioma e elévano a outra dimensión, deixándonos levar polas súas historias contadas, coa liberdade de contalas”.

TOTAL ENhttps://www.youtube.com/watch?v=9j3THOJkbBc

Canal del candidato: youtube.com/@ManuelCabezasOU