O Concello aposta pola empregabiliade co curso preparatorio de Competencias Clave no que participaron 15 persoas

O Concello do Carballiño segue apostando pola mellora da formación e a empregabilidade da poboación activa da contorna. Por iso, un ano máis levouse a cabo o curso preparatorio de Competencias Clave, que rematou hoxe. Neste senso, apóiase a superación das probas que terán lugar mañá en Silleda e que lles dan aos participantes acceso a cursar Certificados de Profesionalidade de niveis 2 e 3 de cualificación.

En dita formación impartíronse as materias de lingua galega, lingua castelá e matemáticas a 15 alumnos. Ademais, contarán con transporte gratuíto para asistir aos exames.

AVANTAR ACTIVIDADES