Ala polos anos 60 e 70 unha das principais zonas de lecer de carballiño era a “praia do cuco”. Fomos moitos os veciños e veciñas de Carballiño que nesa zona aprendemos a nadar.




Na outra beira do rio a uns 200 metros atopábase a zona do “arenal” onde estaban os máis pequenos xa que ali habia unha zona de area onde o rio tiña pouca profundidade e se podia estar con seguridade.
Posteriormente veu a piscina municipal e esta zona natural que se prestaba perfectamente para unha praia fluvial foi aos poucos perdendo uso ata chegar a hoxe en dia onde o estado de abandono é total.
A maleza foi pouco a pouco invadindo todo e o descoido en canto ao mantemento fixo o resto.
Varandas tiradas, augas fecales, etc




Esperemos que a Corporación que salga das eleccións locais do día 28 teña a sensibilidade necesaria para recuperar esta zona natural do noso Carballiño.
Un carballiñes de toda a vida.