Representantes da sociedade carballiñesa suman esforzos para mellorar a atención ás vítimas de violencia de xénero

Para loitar contra a violencia de xénero é necesaria a implicación de toda a sociedade. Ademais da educación en igualdade dende idades temperás, para poñer fin a esta lacra social é esencial a coordinación entre administracións e institucións. Con este obxectivo, o salón de plenos da Casa Consistorial acolleu hoxe a primeira Mesa de Coordinación deste 2023 para a mellora da atención as vítimas.

No encontro participou persoal do Centro de Información ás Mulleres do Carballiño, Policía Local, a traballadora social do centro de saúde, orientadores dos centros educativos da vila, axentes da Garda Civil e responsables da Subdelegación do Goberno en Ourense. Especialmente relevante é a incorporación a esta mesa de representantes dos diferentes centros educativos, xa que o seu traballo e experiencia aporta información clave para a detección de conductas de risco e a súa prevención.

AVANTAR ACTIVIDADES

A Mesa de Coordinación que se celebrou esta mañá ten como obxectivo fundamental mellorar a atención ás mulleres que sofren esta lacra social e fomentar a coordinación entre as diferentes institucións e profesionais.