Inma López e Carlos Montes presentaron os seus libros no Carballiño

Esta fin de semana tamén houbo moita literatura. Por unha banda, a tenda Ozoco Gz acolleu a presentación do libro “Escola de mulleres”, de Inma López Silva. O acto contou ca presenza de Marta Fernández, estudante de filoloxía galega na USC e Francisco Castro, director da Editorial Galaxia. A súa novela fala da perda, pero tamén da superación.

Por outro lado, Calos Montes presentou o seu último libro, baixo o nome de “Alarifes do Carballiño”. Trátase dunha publicación cun gran aporte documental sobre os persoeiros que construíron o municipio ao longo dos séculos XVII, XVIII e XIX. Contou ca presenza do alcalde, Francisco Fumega e o presidente do Centro de Estudos Chamoso Lamas, Carlos Rodríguez.

AVANTAR ACTIVIDADES