As piscinas municipais do Carballiño abrirán mañá as súas portas

As piscinas municipais do Carballiño abrirán mañá venres, 23 de xuño, tal como había adiantado a concelleira de deportes, Silvia Baranda. O horario será de 11:00 a 20:30 horas e, como os últimos anos, os usuarios poderán desfrutar dos cursos de natación, para os que se poderán anotar na taquilla.

Ademais, outra vez, os usuarios e usuarias poderán adquirir os bonos na taquilla co fin de obter unha rebaixa importante no prezo das entradas ó recinto.

AVANTAR ACTIVIDADES