Manuel Baltar recibe ao novo alcalde de Beade, Fernando Taboada

O presidente da Deputación, Manuel Baltar, mantivo esta mañá un encontro no Pazo Provincial co novo alcalde de Beade, Fernando Taboada, para avaliar as liñas de colaboración abertas entre ambas administracións. 

Na xuntanza desta mañá tamén participaron a nova tenente de alcalde de Beade, Gabriela Pérez, e o vicepresidente provincial e responsable dos asuntos de cooperación cos concellos da comarca do Ribeiro, César Fernández. 

AVANTAR ACTIVIDADES