A candidata ao congreso do Psdeg-Psoe por Ourense, Marga Martín, puxo en valor a prórroga da rebaixa nos prezos para os e as usuarias do transporte urbano

Lembrou que se trata dunha medida aprobada polo goberno de Pedro Sánchez á que o alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, so accedeu a adherirse logo da insistencia do grupo municipal socialista nas xuntas de área

“Con este acordo, desde o 1 de xullo ata o 31 de decembro de 2023, o prezo por viaxe para os e as ourensás permanece nos 31 céntimos coa tarxeta ordinaria e nos 21 céntimos no caso dos estudiantes”, afirmou a tamén secretaria de Políticas Sociais do PSdeG-PSOE

AVANTAR ACTIVIDADES

Ourense, 4 de xullo de 2023. A candidata número un para o Congreso dos Deputados do PSdeG-PSOE por Ourense, Marga Martín, puxo en valor os máis de 380 millóns de euros que o Consello de Ministros aprobou prorrogar para a redución do prezo do transporte urbano ata final de ano. Esta medida vai en liña coas actuacións do goberno de Pedro Sánchez que perseguen reducir “o número de vehículos privados que cada día se desprazan nas cidades” e reducir, ao mesmo tempo, “as emisións contaminantes”, tal e como sinalou a socialista.

A iniciativa, pensada para responder ás consecuencias económicas e sociais da guerra en Ucraína, enmárcase nas encamiñadas a aliviar o peto da cidadanía ante o elevado prezo da enerxía e dos combustibles que afecta especialmente á mobilidade diaria da mesma. Así as cousas, Martín subliñou que, fronte ás políticas negacionistas do cambio climático habituais na dereita, os e as socialistas promoven o trasporte verde, respectuoso e sostible co medio ambiente e en concordancia coas esixencias da Axenda 2030.

“Onte atopámonos coa nova, na páxina do Concello de Ourense, de que o Goberno local acordaba manter ata final de ano a rebaixa nos prezos dos billetes de autobús urbano para aquelas persoas que empreguen a tarxeta milenio”, sinalou a aspirante ao Congreso. “Tal e como se presentou a medida semella que é unha iniciativa do actual rexedor, mais é unha prórroga aprobada este 27 de xuño por impulso do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana”, puntualizou.

“Con este acordo, desde o 1 de xullo ata o 31 de decembro de 2023, o prezo por viaxe para os e as ourensás permanece nos 31 céntimos coa tarxeta ordinaria e nos 21 céntimos no caso dos estudiantes”, lembrou Martín. E incidiu en que foi gracias á insistencia dos e das socialistas nas xuntas de área que o alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, accedeu a acollerse á medida en setembro do ano pasado.

Tamén prorrogou o Goberno de Pedro Sánchez o desconto de 10 céntimos por litro de gasóleo para os transportistas profesionais por estrada. O Consello de Ministros aprobou ampliala ata o 30 de setembro a bonificación actual para o sector e fixou unha rebaixa de 5 céntimos por litro durante o derradeiro trimestre de 2023.