Este domingo: Acto público aberto en Ribadavia que contará coa participación dos candidatos ao Congreso e ao Senado

O BNG da comarca do Ribeiro realiza un acto público aberto en Ribadavia que contará coa participación dos seus candidatos ao Congreso e ao Senado. O acto público terá lugar en Ribadavia, o domingo 9 de xullo ás 20:30 horas no local social da Madalena.

Intervirán:
Maite Rodríguez Portavoz Municipal do BNG de Ribadavia.
Xurxo Rodríguez Candidato por Ourense ao Senado.
Noa Presas Cabeza de lista por Ourense ao Congreso.
Este acto é unha oportunidade para dar a coñecer os candidatos e candidatas do BNG e as súas propostas para a mellora da Comarca do Ribeiro.O BNG da comarca do Ribeiro anima a toda a cidadanía a asistir a este acto de presentación, para que poidan coñecer as súas propostas e participar activamente neste proceso electoral.Para máis información, poden poñerse en contacto co responsable comarcal do BNG do Ribeiro.

AVANTAR ACTIVIDADES