Esta fin de semana, entroido de verán e Feito no Carballiño

Este venres, ás 20:30h na Praza Irmáns Prieto, arrinca o Festival de Música Feito no Carballiño, ca actuación de Sussie Q’s e de Impossiblues.

O domingo será a súa segunda xornada, ás 20.30h na rúa Principal, co concerto de 4mal Quartet Jazz na rúa Principal dentro do Festival de Música Feito no Carballiño.

AVANTAR ACTIVIDADES

O sábado, día de feira, celebrarase o Entroido de Verán cun novo modelo respecto a outras edicións. O entroido celebrarase pola tarde nos locais de hostalería onde a xente disfrazada poderá desfrutar dun pincho de balde coa consumición e varias charangas percorrerán a vila. Á noite, unha discoteca móbil animará a xornada de disfraces na Praza Maior.