A Resaca Electoral

Manuel Herminio Iglesias


Votou a xente e saiu á luz o seu  veredicto. Votou con plena  liberdade e sen nada que salientar, pois non houbo ningún incidente.  Correos fixo moi ben  o seu traballo e nada que dicir. Todo  estivo dentro da máis absoluta normalidade. Polo que chegou o tempo das análises pra tirar conclusións.

AVANTAR ACTIVIDADES

O trunfo dos populares resulta ser unha victoria  moi importante, mais un chisco  descafeinada. Pois pode non cheguen á Moncloa  e iso xa é unha derrota que pode deixar á dereita e a Vox sen tocar poder. Todo un éxito que moitos celebramos.   A Feijoo a campaña fíxoselle longa, pois partiu dunha premisa que estivo asentada na descalificación, non só do presidente se non das institucións,  e eso non todo o mundo ó tragou e o soportou. Polo que creou un rechazo mobilizador  da esquerda socialdemócrata e do chamado progresismo.  Dado que a cidadanía  quere vivir fora da confrontación e da descalificación, e non  aproba o insulto e as mentiras como argumento pra convencer ós  votantes.  E eso foi captado por moitas persoas que lembran que o PP cos seus compañeiros de viaxe viven  contando trolas e  medias verdades  que auguraban  un tempo  broncas e cheo de retrocesos sociais. Ademais  durante a mesma  repetían o mantra de derogar ó sanchismo  e a anulación de  leis  sociais  que non obrigan a ninguén,  mais que son necesarias nunha sociedade democrática

Agora, despois dos resultados coñecidos,  a derogación do sanchismo   xa é  pasado.

Sánchez salvou os mobles e en certa medida reforzouse.   E o  que parecía un trunfo  importante, deixa  unha situación complexa e moi dificil pra unha dereita que soamente ten como aliado a Vox e o lema: que te vote Chapote.

A España actual é moito maís diversa e tolerante que a dos cencerros  que se agochan no odio permanente ó diferente, e que lle rinden culto, sin delcilo abertamente,  ó que foi unha ditadura de coarenta anos. En fin, chegou a hora da política e veremos se hai goberno ou repetición electoral.

Achegándome ó que aconteceu en Galicia, cabe sinalar que, nas dúas provincias menos deselvoltas como son Lugo e Ourense,  os da gaivota arrasaron. E a pregunta que me salta á mente e a seguinte: Que lle deben estas dúas cidades ó grupo que as goberna  dende sempre?  Os anos pasan e  moi pouco ou nada teñen que presentar de progreso en todos os seu índices económicos e sociais. Mais a xente sígueos a votar. Por que será? No caso de Ourense, a decadencia provincial  é  moi evidente.

No tocante ó nacionalismo galego supoño que terán que facer unha fonda e sexuda reflexión si queren mellorar.  Ademais de  deixar de laiarse falando de que son campañas electorais moi polarizadas. Todas as campañas nas eleccións xerais están moi polarizadas. E esta moito máis.  Ben sei que no Bng a verba resistencia sempre é a que  sae gañando. Resistir é a súa virtude. Mais con eso non chega. Pois, nos votantes o cansancio de ser sempre minoría, desmoraliza. E así non se vai a ningures. Galicia precisa unha forza política que, facendo unha lectura non dogmatizada desta terra,  e sen ataduras ideolóxicas,  sexa capaz de entrarlle na bolsa dos votos ós populares. E despois facer unha  política  practica que sexa percibida polos cidadáns. Unha política que teña consecuencias positivas. E, de momento,  esa formación ainda non  se ve ou non naceu.

Remato, a resaca electoral deste 23 J deixa un arrecendo  en Galicia  na que trunfa a cor azul.  Tamén sinala  que  a Galicia mariñeira é unha cousa moi distinta  a do interior. Que o PSOE perdendo uns escanos  resite. Que Sumar faise un oco que supera o nacionalismo galego actual;  e que o Bloque debía reflexionar e trocar de rumbo se non quere se soamente testimonio na capital do reino.


Outros artigos de Manuel Herminio Iglesias

O puzle ourensán

Música de calidade

As licencias dos quen mandan

Pacto cós ourensás

Moita enerxía sen rentabilidade

Xente sinxela

Os que pasan á historia

A Aposta Galeguista

Fun cantando

Nin Música nin Letra

Un home feito de cartos

Tempo de lecer e refexión.

As leiras a ermo

A longa sombra da corrupción

Erro Histórico

Llegó la mami….

Un crego de parroquia

Ourense: Sen obxectivos nin proxectos

e Ourense, existe?

O Nadal da Saudade

Unha area no zapato

Serrat e os cantautores

As incertezas na aldea global

Ourense, por riba das ideoloxías

O importante é a pasta

Sos Ourense!!!

Ourense cara un ermo cultural

Vandalismo, botellóns e desleixo

Na procura da felicidade

Dúas maneiras de actuar na política

Tinte galeguista

Abrindo un novo camiño

Lembrades a democracia organica?

Actuar en manada

Os refráns na política

As miserias na política

De xeonllos e pedindo perdón

Culturetas de ….

Arroutadas