Publicase hoxe no BOP a Resolución pola que se aproba definitivamente o prezo público da comida oficial da Festa do Pulpo: 45 € menú
BOP:
Aprobación definitiva do prezo público da comida oficial da Festa do Pulpo
Durante o prazo de información pública de trinta días, desde o seguinte ao da publicación do anuncio de exposición pública no BOP de Ourense núm. 131 do 09/06/2023, sen que se presentara ningunha alegación contra o acordo adoptado pola Xunta de Goberno Local na súa sesión do 26/05/2023, á aprobación inicial da Ordenanza núm. 37 Reguladora do prezo público da comida oficial da Festa do Pulpo na que se acorda a modificación do prezo das entradas da comida oficial da Festa do Pulpo, este quede elevado a definitivo co seguinte texto:
“Ordenanza n.º 37, Reguladora do prezo público da comidaoficial da Festa do Pulpo
Exposición de motivos.
Dentro das actividades que se programan na Festa do Pulpo, está a comida oficial da Festa do Pulpo, que consiste na oferta dun menú tradicional.
Artigo 1. Fundamento e natureza
- De conformidade co que se establece no artigo 127 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, en
relación co artigo 41 e seguintes da citada lei, este concello establece un prezo público pola prestación do servizo da comida oficial da Festa do Pulpo. - De conformidade co que establece o artigo 2.2 do mesmo texto legal, o prezo público que se regula nesta ordenanza ten o carácter de ingreso ou recurso de dereito público da Facenda
Local e para o seu cobro ostentará as prerrogativas establecidas legalmente para a Facenda do Estado, actuando, no seu caso, conforme aos procedementos administrativos correspondentes.
Artigo 2. Obxecto
Terá a consideración de prezo público a efectos desta ordenanza, a contraprestación pecuniaria que se satisfaga pola prestación do servizo da comida oficial da Festa do Pulpo, o
segundo domingo de agosto.
Artigo 3. Obrigados/as ao pago
Están obrigados/as ao pagamento do prezo público regulado aqueles que se beneficien dos servizos.
Artigo 4. Fixación do prezo público
O establecemento ou modificación da contía do prezo público, corresponderá ao Pleno Municipal, sen prexuízo das súas facultades de delegación na Xunta de Goberno Local conforme
determina o artigo 47 do Real decreto lexislativo 2/2004, en relación co artigo 23.2 b) da Lei 7/1985, reguladora das bases do réxime local.
En canto á modificación do prezo público establecido deberá aprobarse polo órgano competente trala proposta do concelleiro/a da área ou departamento do que dependa o servizo, que
deberá acompañarse do informe do técnico no que se expoñan as causas da modificación.
Artigo 5. Tarifas
A contía do prezo público regulado nesta ordenanza establécese en 45 €/comensal sendo as tarifas irredutibles.
Artigo 6. Deveño
A obriga de pagamento para os/as beneficiarios/as nace
cando se inicie a programación da Festa do Pulpo.
Artigo 7. Normas de xestión
- A recadación da venda de entradas levarase a cabo nas
dependencias do Concello do Carballiño, previo a día e hora
sinalada para a realización da comida oficial da Festa do Pulpo,
sendo necesaria a presentación da entrada para o acceso ao
recinto. - A venda de entradas será realizada por persoal autorizado,
sendo obrigatoria a rendición da conta correspondente, unha
vez celebrada a Festa do Pulpo. - Cando por causas non imputables ao obrigado ó pago do
prezo, o servizo ou actividade non se preste ou se desenvolva,
procederá a devolución do importe correspondente.
Artigo 8. Prazos de pago
15 días antes da celebración da comida oficial da Festa do
Pulpo.
Disposición derrogatoria
Queda derrogada a Resolución da presidencia do Padroado
Municipal de Turismo que acordou na sesión do luns 16 de xullo
de 2012, o prezo público da comida oficial da Festa do Pulpo”.
Esta ordenanza entrará en vigor o día seguinte da publicación
deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia.