Comunicado da Anpa do Conservatorio do Carballiño ante a disminución do número de matrículas

A ANPA do Conservatorio do Carballiño, ante a disminución de número de matrículas no CMUS en xeral, o longo dos últimos anos, e de forma preocupante no Grao Profesional  solicita:

REVISIÓN A BAIXA DA CONTÍA DAS TAXAS DE MATRICULACIÓN DO CMUS E ESMU ANULACIÓN DAS TAXAS POR TRAMOS

AVANTAR ACTIVIDADES

As nais e pais do CMUS/ESMU levamos anos transmitindo queixas para esixir taxas máis xustas e cancelación das taxas por tramos tomando como referencia o indicador IPREM.

O 12 de setembro 2022 presentouse ,a través da ANPA, un escrito dirixido a concellería de Educación para tratar este asunto asi como asuntos sobre a mellora da calidade educativa do CMUS/ESMU . O ESCRITO NON FOI RESPOSTADO.

O modelo de prezos por tramos para o pago das taxas do CMUS/ESMU non existe   n ningún outro concello. Trátase dun sistema inxusto e desproporcionado entre familias, incluso interpretado por algún profesional do dereito como inconstitucional.

Todos os anos, durante o período de inscrición, os pais amosan enfado e están moi molestos pola presentación da declaración da renda (en outros concellos non existe). É necesario fixar unha taxa fixa  e igualitaria para todos os alumnos  e a partir de aí aplicar os descontos para familias numerosas, familias vulnerables, familias monoparentales, alumnos con alguna minusvalía ou necesidade educativa específica. Tamén é necesario premiar e rebaixar o prezo das segundas matrículas entre membros da mesma familia.

As nais/pais xa están suxeitos a un sistema tributario progresivo en función da súa  capacidade económica e este sistema progresivo non debe repetirse no pago das matrículas do CMUS/ESMU.

Por outra banda, existe un reparto de bolsas promovido polo MEC que, sumado o sistema de  descontos existentes aumentan o trato desproporcionado e inxusto entre  familias.Os Pais/Nais solicitamos á revisión do sistema de taxas e axudas a un modelo máis xusto, promovendo taxas máis baixas e premiando e becando a vocación artístico musical dos alumnos

Queremos aproveitar para lembrar que é necesario impulsar a matrículación do CMUS     dado o escaso alumnado existente no grao profesional.

O abaratamento das taxas é necesario.