O servizo de conciliación do concello de Ribadavia abre o venres o prazo de inscrición

Este venres, día 25 de agosto, quedará aberto o prazo de inscrición do servizo de conciliación para o curso 2023-2024 organizado polo Concello de Ribadavia.

O prazo para matricularse rematará o vindeiro 31 de agosto nun servizo que ofrece servizo de concilia de mañá (07,30 -09,00 horas) e concilia de tarde (15,00 – 16,30 horas).

AVANTAR ACTIVIDADES

Este servizo está organizado polo Concello de Ribadavia coa colaboración da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e o Ministerio de Igualdad.

Prezos do servizo

No referente aos prezos deste servizo municipal, para os rapaces empadroados en Ribadavia, o prezo para o concilia de mañá é de 30 euros ao mes e 20 euros por medio mes. En horario de tarde, 20 euros ao mes e 15 euros por medio mes.

Para os nenos empadroados en Ribadavia con prezo reducido -por familia numerosa, monoparental ou segundo irmán-, o servizo de concilia de mañá suporá 20 euros ao mes -15 euros por medio mes- e o de tarde, 15 euros ao mes -10, por medio mes-.

Para os nenos non empadroados en Ribadavia, o servizo de concilia de mañá suporá 65 euros -35 euros por medio mes- e o servizo de tarde, 50 euros -30 euros por medio mes-.

A maiores, as unidades familiares que xustifiquen ingresos familiares inferiores ao Salario Mínimo Interprofesional (SMI)

Máis información e solicitudes, no teléfono 988 47 24 03 e no correo electrónico serviciossociais@ribadavia.es