Espazo Común solicita un Plan de Choque de Limpeza Municipal

A formación de Espazo Común presenta unha nova moción para o pleno que terá lugar o vindeiro xoves, día 31. Nela piden un plan de choque de limpeza para as rúas do Carballiño. O texto da moción é o seguinte:

“Sempre é moi recomendable que os que estamos en política e máis aínda os que
formamos parte da corporación non esquezamos que a primeira das obrigas que temos
contraídas é a de escoitar á veciñanza.

AVANTAR ACTIVIDADES

Existen problemas puntuais e persoais e e existen tamén problemáticas sociais, que
afectan ao conxunto da poboación e nas que existe un elevado grao de consenso.
No Carballiño hai moito tempo que a meirande parte dos cidadáns concordan en suliñar
unha eiva que precisa de atención urxente e á que, ata o de agora, o goberno non
semellou outorgarlle relevancia algunha. Referímonos á limpeza do pobo.

Unha vila que presume de turística como é a nosa, non pode presentar a imaxe que se
deu en moitos momentos deste verán pero aínda menos pode contar con barrios enteiros
abandoados nese senso e con parroquias enteiras onde son os veciños os que teñen que
xuntarse para facer eles mesmos o adecentamento dos espazos públicos.
Papeleiras e contedores ateigados, beirarrúas cheas de maleza, cheiros nas zonas máis
transitadas… Todo situacións de fácil resolución se se contase coa axeitada organización
e planificación.

Ao noso entender, gran parte da culpa desta situación radica na deriva política destes
últimos anos, co progresivo desmantelamento das brigadas municipais e a privatización
de servizos que en ningún caso supuxeron unha mellora das prestacións. Ninguén nos
seus cabais pode defender que o pobo está máis limpo agora con cinco varredores
contratados a través dunha empresa que cando había doce varredores na plantilla
municipal.

Faise perentorio que dende o Concello se acometa a elaboración dun Plan de Choque de
Limpeza do Carballiño para recuperar o terreo perdido e que sirva de punto de partida
para un axeitado coidado da imaxe das nosas rúas e pobos.
Como dixemos ao principio desta exposición, esta demanda, é un clamor entre os
veciños.

Visto todo o anteriormente comentado, SOLICITAMOS

  1. A elaboración e posta en marcha dun Plan Municipal de Choque de Limpeza do
    Carballiño”.