O Psdeg-Psoe de Nogueira documenta a través de imaxes un uso “indebido” dos vehículos municipais que o alcalde nega por activa e por pasiva

Os e Os e as socialistas aportan imaxes dun coche do concello realizando tarefas de traslado de material na cidade de Ourense, situación que consideran “inadecuada e non apropiada”

O voceiro do PSdeG-PSOE, Óscar Sánchez, sinala que o alcalde “chamounos alarmistas, pero sabe que temos razón” e insta ao rexedor a que “en vez de culparnos aos socialistas, busque solucións aos múltiples problemas que hai que resolver”

AVANTAR ACTIVIDADES

Nogueira de Ramuín, 30 de agosto de 2023. O PSdeG-PSOE de Nogueira de Ramuín documenta a través de imaxes o uso “indebido” dos vehículos municipais, que o alcalde nega por “activa” e por “pasiva”. Os e as socialistas aportan imaxes dun coche do concello realizando tarefas de traslado de material na cidade de Ourense, situación que consideran “inadecuada e non apropiada”.

Dende o grupo municipal socialista explican que “tal e como denunciamos en anteriores ocasións, dende o concello estante a empregar os coches oficiais de maneira arbitraria e en beneficio propio”. Tal e como apuntan os e as socialistas “a pesar das declaracións do alcalde, nas que negaba o uso dos vehículos oficiais para asuntos persoais, atopámonos con fotos dun coche oficial na cidade de Ourense, cargado con diferente mobiliario nun remolque”.

O voceiro do PSdeG-PSOE en Nogueira de Ramuín, Óscar Sánchez Yáñez, apunta que “non dicimos que o coche oficial que sae nas imaxes estea facendo unha mudanza, nin tampouco botándolle unha man a Ecourense, pero si que podemos afirmar que un vehículo do noso concello está nun lugar non apropiado, e posiblemente, facendo algo inadecuado”.

Sánchez Yáñez sinala que o alcalde “chamounos alarmistas, pero sabe que temos razón” e insta ao rexedor a que “en vez de culparnos aos socialistas, poña e busque solución aos múltiples problemas que hai que resolver”. O voceiro do PSdeG-PSOE pon como exemplo o caso das augas fecais de Vilouxe “que segundo o alcalde estaba resolto, pero o venres 25 tiveron que ir cun camión cisterna a limpar, xa que estas augas corrían polos eidos abaixo, polo que unha propietaria chegou a protestar”.