Carmen Aragonés, a nova xerente da Asociación Española Contra o Cancro en Ourense

  • Os próximos anos traballará para mellorar os programas e servizos gratuítos, prestacións e recursos que a asociación vén ofrecendo á poboación ourensá
  • Ten 19 anos de experiencia na Dirección de Vendas en recoñecidas marcas de automoción, é Licenciada en administración e dirección de empresas pola Universidade de Vigo e un Máster en Business Administration
  • A presentación tivo lugar na sede provincial da Asociación en Ourense situada na rúa Doutor Marañón, 21-baixo, onde contou coa presencia do presidente Germán Rodríguez-Saá e os profesionais da sede provincial

O Consello Provincial da Asociación Española Contra o Cancro en Ourense presentou este luns a súa nova xerente Carmen Aragonés na sede provincial, tras a ampla procura de candidatos para o posto solicitado. O presidente Germán Rodríguez-Saá e o seu Consello presenta a nova xerente coa intención de iniciar unha nova etapa e dar un novo impulso á súa actividade.

Durante os próximos anos representará á organización traballando para mellorar os programas e servizos gratuítos, prestacións e recursos que a asociación vén ofrecendo á poboación ourensá.

AVANTAR ACTIVIDADES

Carmen Aragonés conta con 19 anos de experiencia na Dirección de Vendas en recoñecidas marcas de automoción, é Licenciada en administración e dirección de empresas pola Universidade de Vigo e un Máster en Business Administration.

“Para min, entrar a formar parte do terceiro sector e dunha gran organización é un gran reto tanto persoal como  profesional. Desgraciadamente en España diagnostícase 1 novo caso cada 2 minutos, por iso, o labor que facemos desde a asociación é axudar a pacientes e familiares co fin de loitar contra esta enfermidade e conseguir mellorar a súa calidade de vida diminuíndo o impacto. Para iso conto cun gran equipo de profesionais e voluntariado que me acompañan neste novo camiño de achegar o meu granito de area para esta gran causa“, destacou a nova xerente.

A presentación tivo lugar na sede provincial da Asociación en Ourense situada na rúa Doutor Marañón, 21-baixo, onde contou coa presencia do presidente Germán Rodríguez-Saá, en representación do Consello, e os profesionais da sede provincial.

Pola súa parte, o presidente manifestou a súa felicidade con esta nova incorporación “A incorporación de Carmen supón un paso máis na estratexia provincial deste Consello dende o momento que asumiu a responsabilidade da dirección, e na liña de poder chegar ós pacientes de todos os puntos da provincia de Ourense sen ningunha distinción. A experiencia, o coñecemento e a integración que tivo nestes días van darnos esa posibilidade de captar máis fondos, ter maior presenza, incrementar os programas. En definitiva, darlle capilaridade a todos os programas e servizos que fai a asociación na provincia de Ourense”.

Aragonés define a su incorporación con tres liñas estratéxicas claras, “Visibilizar toda a carteira de servizos que ofrecemos de maneira gratuíta a provincia, sensibilizar aos máis novos de hábitos saudables e de concienciar do dano de novos dispositivos, a obtención de recursos económicos mediante entidades públicas e privadas para atender as demandas e necesidades de pacientes e os seus familiares. A súa vez, poder financiar proxectos de investigación oncolóxica que permitan un mellor diagnóstico da enfermidade e así superar o 70% de supervivencia no ano 2030”.

A Asociación Española Contra o Cancro en Ourense está presente en varias localidades ao longo da provincia, ofrecendo de maneira gratuíta os seus programas e servizos como acompañamento a pacientes e familiares, atención social e apoio psicolóxico.

Na provincia de Ourense, o ano pasado foron diagnosticados 2.635 persoas con cancro. A asociación traballa visibilizando a realidade dos pacientes, respondendo as súas demandas e necesidades e axudando con motivo das desigualdades económicas que agrava o cancro.

Grazas a implicación dos máis de 195 voluntarios/as, a solidariedade dos seus 4.905 socios/as na provincia e ao compromiso e doazóns das entidades público-privadas que solidarízanse cos pacientes con cancro e os seus familiares.

A Asociación, 70 anos de experiencia na loita contra o cancro

A Asociación Española Contra o Cancro (AECC) é a entidade de referencia na loita contra o cancro desde hai 70 anos. Dedica os seus esforzos a mostrar a realidade do cancro en España, detectar áreas de mellora e poñer en marcha un proceso de transformación social que permita corrixilas para obter unha abordaxe do cancro integral e multidisciplinar. No seu ADN está estar ao lado das persoas polo que o seu traballo tamén se orienta a axudalas a previr o cancro; estar con elas e as súas familias durante todo o proceso da enfermidade, se llelo diagnostican; e mellorar o seu futuro co impulso á investigación oncolóxica. Neste sentido, a través da súa fundación científica, a Asociación aglutina a demanda social de investigación contra o cancro, financiando por concurso público programas de investigación científica oncolóxica de calidade. Hoxe en día, é a entidade social e privada que máis fondos destina a investigar o cancro: 104 millóns de euros en 565 proxectos, nos que participan máis de 1000 investigadores.

A asociación integra a pacientes, familiares, persoas voluntarias e profesionais que traballan unidos para previr, sensibilizar e acompañar as persoas afectadas e financiar proxectos de investigación oncolóxica que permitirán un mellor diagnóstico e tratamento do cancro. Estruturada en 52 sedes provinciais, e presente en máis de 2000 localidades españolas, conta con case 30.000 persoas voluntarias, máis de 500.000 socios e 1007 profesionais. 

Durante o 2022, a Asociación Española Contra o Cancro atendeu  136.000 persoas afectadas pola enfermidade.

Para máis información

www.contraelcancer.es

https://www.facebook.com/contraelcancer.ourense

https://www.instagram.com/contraelcancer.ourense/