O BNG demanda regular as prazas de aparcamento do Carballiño

A voceira do grupo municipal do BNG do Carballiño, Sofía García, ven de presentar unha moción ao vindeiro plenomunicipal para abordar o problema da falta de prazas de aparcamento e a falta de espazos peonís ante o desleixo do goberno municipal para facer fronte a estes dous problemas que padece a vila. 

Desde a organización nacionalista proponse regular as prazas de aparcamento para fomentar a rotación de vehículos nos arredores das zonas de servizos e comerciais. “O obxectivo ten que ser que o maior número de persoas poida beneficiarse da vantaxe de poder estacionar o seu vehículo durante un curto período de tempo para realizar as súas xestións”, sinalou a voceira nacionalista que continuou afirmando que “coa regulación do estacionamento evitaríamos o tráfico de axitación de coches e furgonetas buscando praza para aparcar, así como a eliminación da dobre fila e o mal estacionamento”.  Unha proposta que se complementaría co aumentodo número de aparcamentos disuasorios, habilitando espazos na periferia da vila.

AVANTAR ACTIVIDADES

García tamén prioriza a necesidade de peonalizar as rúas do parque infantil da Alameda do Carballiño, unha problemática que as nacionalistas do Carballiño levan tempo denunciando. Actualmenteeste é  un espazo no que se mestura diariamente otránsito peonil, as terrazas, unha parada de taxis, acirculación de vehículos e as aglomeracións de vehículos nos horarios de entrada e saída do centro de ensino.  ” Unha combinación perigosa que evidencia a falta de seguridade no entorno do parque infantil e que non debe perdurar un minuto máis” declara a voceira nacionalista. 

Desde o BNG sinalan que xa en xaneiro 2023 presentaron unha moción para impulsar un PMUS (Plan de Mobilidade Urbana Sostible) co que  organizar de maneira eficiente os distintos modos de transporte que se xeran dentro da nosa vila, fomentando aqueles que son máis respectuosos co medio ambiente e racionalizando o uso do transporte privado. Porén, sinala Sofía García, desde aquelas non voltamos ter información sobre cal vai ser a planificación do goberno municipal para aborda un modelo de mobilidade sostíbel  no Carballiño, un modelo que implica necesariamente habilitar recursos, implantar medidas e cambiar tendencias  e todo isto fai necesario a concienciación e implicación de toda a veciñanza.

Para o BNG do Carballiño, a mobilidade na vila pasa por un modelo  sostible que implique un menor uso do vehículo privado, impulsar modos de mobilidade máis ecolóxicos e tamén por que existan prazas de aparcamento suficientes e dispoñibles.