Ribeiro en Común volve demandar que a Deputación colabore no Proxecto da rehabilitación do antigo Matadoiro

As obras de rehabilitación do edificio Antigo Matadoiro, cuxo proxecto foi  realizado e a obra foi conseguida polo antigo goberno en coalición, están rematando, polo que o grupo considera que é o momento para que a Deputación provincial se sume a cooperar nesta mellora. A rehabilitación deste edificio foi plantexado en dúas fase, a primeira está rematando, e a segunda fase tería que ver coa dotación equipacional do novo edificio.

Presentan unha Moción para volver solicitar que a Deputación provincial colabore con esta mellora e este novo espazo público para as asociacións e veciños de Ribadavia, a través de diferentes melloras do espazo interior. Esta moción foi presentada nas comisións informativas e indicouse que hai melloras que realizar unha vez remate a obra, tal como luminarias, mobiliario, ou sistema de calefacción, entre outros, encamiñadas a facer deste novo local rehabilitado un espazo público para a veciñanza e asocións do noso municipio. Tal e como tiña plantexado o noso grupo no anterior goberno.
Para Ribeiro en Común, esta obra de rehabilitación que está rematando, foi plantexada como a primeira fase dunha rehabilitación integral, polo que solicitamos que a Deputación colabore na segunda fase, evitando que sexa o Concello quen a realice con fondos propios en 2024, o cal sería moi inxusto respecto a outros municipios onde a Deputación colabora.

AVANTAR ACTIVIDADES

A Deputación non quixo colaborar nin en 2022 nin a comezos de 2023, si o fixo a Xunta,  cuxa subvención conseguida polo noso goberno permite esta obra de rehabilitación. Agora que está rematándose agardamos que a Deputación acceda por fin a cooperar nesta recuperación.