O Instituto de Estudios Carballiñeses rende homenaxe ó C.D. Arenteiro

Este sábado, o Instituto de Estudios Carballiñeses celebrou a asemblea xeral de socios, na que se incluíron 30 persoas como novos socios e cinco “socios de honra” (Marisa Crespo, Ignacio Morgado, Adolf Tobeña, José Luis Verdegay e Camilo José Cela Conde).

O Director do Instituto, Avelino Muleiro, aproveitou para facer un repaso polas actividades desta ano a piques de rematar e adiantar as do vindeiro ano, e presentouse o número 39º da revista “Ágora do Orcellón” e de dúas publicacións máis: Derradeiros poemas de Manuel Vilanova e O románico na comarca de Ourense.           

AVANTAR ACTIVIDADES

E para rematar o acto, o Instituto fixo unha homenaxe ó Club Deportivo Arenteiro, polos seus éxitos deportivos e por levar o nome do Carballiño polo mundo.

Neste acto estiveron presentes dous socios e foron e serán historia do clube e que sumaron tamén éxitos: Cesáreo Rivera e Pepe Carballeda. Ambos, xunto co actual presidente, Argimiro Marnotes, compartiron escenario e a recollida de obsequios para o club.

Contaron tamén ca actuación de María do Ceo, e remataron co visionado dun vídeo do C.D. Arenteiro con imaxes da súa traxectoria ó longo dos anos. Por parte das autoridades, tamén o seu apoio, á cultura e tamén ó deporte, da man de Valentín García, secretario de Política Lingüística e o do alcalde do Carballiño, Francisco Fumega. Ambos apostaron e seguirán facéndoo polo traballo deste colectivo.