Cuarta rolda de contactos de Luis Menor con alcaldesas e alcaldes da provincia

Reunión Luis Menor (Presidenta da Deputación de Ourense) con Rebeca Sotelo Fernández (Alcaldesa do Concello de Cenlle) acompañada de Angel Fernández Álvarez (Tenentealcalde de Cenlle)..

O presidente da Deputación, Luis Menor, recibiu esta tarde no Pazo Provincial ás alcaldesas de Bande (Sandra Quintas) Trives (Patricia Domínguez), Cenlle (Rebeca Sotelo) e Rairiz de Veiga (Asunción Morgade); así como tamén aos alcaldes da Merca (Manuel Garrido) e Pontedeva (Juan Carlos González).  

Foi a cuarta rolda de contactos con rexedores da provincia, dentro do compromiso de Luis Menor de atender persoal e individualmente as peticións de todos os concellos ourensáns, tanto no propio Pazo Provincial como con visitas in situ aos municipios. O obxectivo destes encontros é reforzar o diálogo e a cooperación da Deputación de Ourense cos 92 concellos da provincia. 

AVANTAR ACTIVIDADES