A Deputación colabora unificando a imaxe das carpas da Asociación de Pulpeiros do Carballiño e Arcos

A Deputación de Ourense colabora coa Asociación de Pulpeiros Arcos-Carballiño para a súa nova imaxe. O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, participou no Carballiño no acto de entrega das novas carpas aos asociados, que unifican a imaxe e promocionan o traballo dos pulpeiros.

Co obxectivo de promover e dar publicidade á imaxe da Asociación de Pulpeiros Arcos–Carballiño, a entidade estrea 32 carpas para que os seus asociados as empreguen en todos os eventos e feiras nos que participen, ademais de dar visibilidade ao seu traballo e homoxeneizar a súa imaxe.

AVANTAR ACTIVIDADES

Cada asociado recibirá unha carpa en cor negro coa imaxe corporativa, pero personalizada co seu nome, e tamén contarán con bolsas serigrafiadas co lema da entidade para repartir entre os seus clientes. A maiores, a Asociación conta con catro carpas de uso institucional na que a Deputación figura como entidade colaboradora.