Os bombeiros e as administracións seguen sen acordos nas negociacións por unhas condicións dignas

Continúan os problemas no parque de bombeiros do Carballiño-O Ribeiro, do mesmo xeito que noutros parques galegos. A falla de persoal é unha das reclamacións que fan ao consorcio, á Xunta de Galicia e ás Deputacións, coas que aínda non hai acordos. Esta semana, o parque volveu a atoparse sen efectivos, o que ocasiona o seu peche ao menos durante unha xornada. Son 23 os concellos que reciben atención por parte deste parque, e os que sofren as consecuencias dunha negociación que non chega a termo por unhas condicións laborais dignas.

A pesar de que o concello non ten competencia na xestión deste parque, o alcalde do Carballiño mantivo contactos coa Deputación e a Xunta para que tomen cartas sobre o asunto.

AVANTAR ACTIVIDADES