A finais do mes de agosto, surxiron algunhas discrepancias entre o Grupo de Emerxencias Municipais e o grupo de goberno do Carballiño, relativas sobre todo ás condicións de traballo e materiais. Tamén algunhas dúbidas en canto ás funcións que deberían ser asignadas a este grupo. Hoxe falamos co concelleiro de seguridade e persoal, encargado desta área, para saber máis ao detalle.
Dende ese momento comezaron un proceso de conversas para tratar de chegar a acordos, entre eles a vontade de aplicar unha suba salarial. Tanto o goberno local como a oposición traballan cos sindicatos para incrementar o número de persoas do grupo ata 16 para facer quendas de catro persoas e tamén a suba de soldos. Haberá unha nova reunión cos sindicatos a finais deste mes.