O Grupo Municipal do Partido Popular de O Carballiño presentou para levar ó vindeiro pleno do día 26 de Outubro, unha MOCIÓN PARA A XESTIÓN DOS MONTES VECIÑAIS EN MAN COMÚN NO CONCELLO DO CARBALLIÑO, na que se solicita, Facer un rexistro de Montes Veciñais en Man Común do Concello do Carballiño ∙ Axudar dende o Concello a solicitar a Clasificación dos Montes sin Clasificar ∙ Axudar as Comunidades á xestión da Asamblea e diferentes trámites administrativos ∙ Promover a Ordenación dos diferentes Montes .
Por Urxencia o Grupo Popular presenta unha MOCION para acadar un ACORDO UNÁNIME DA CORPORACIÓN PARA A CREACIÓN DUN GRUPO DE TRABALLO E SEGUIMENTO CO FIN DE SOLUCIONAR O PROBLEMA DE INSTALACIONS DEPORTIVAS NA VILA, dado que istes días volta a estar de actualidade a necesidade de afrontar iste problema, e estamos vendo como é un tema que vai a perxudicar gravemente a C.D Arenteiro e á Vila do Carballiño, e xa no Pleno de Agosto habíamos presentado e se aprobara por unanimidade unha moción tratando este tema, no que se solicitaba por parte do Concello “Instalacións deportivas en claro estado de abandono e insuficientes, polo que consideramos necesario facer un inventario/memoria de necesidades de mellora e ampliacion para posteriores arranxos por medios propios ou por medio de subvencións ou financiación externas”.
Pretendemos se nos informe do que se ten levado a cabo, se é que se fixo algo, e se leve a cabo Á CREACION DUNHA COMISIÓN/GRUPO DE TRABALLO E SEGUIMENTO FORMADO POR TÓDOLOS GRUPOS DA CORPORACIÓN CO FIN DE ACTIVAR OS MECANISMOS OPORTUNOS PARA DAR RESPOSTA A URXENTE NECESIDADE DE AMPLIACION E MELLORA DE INSTALACIONS DEPORTIVAS NA VILA.
Dende o Grupo Popular, presentouse unha serie de preguntas que consideran de interés ó vindeiro Pleno co fin de que se traslade resposta para o coñecemento de toda a veciñanza.