Felipe Senén: “Os alarifes, as familias que crearon o Carballiño, libro necesario de Montes Marqués”


Por Felipe-Senén

Curioso e pouco usado nome ese de alarifes, palabra de raiceira islámica, en relación con artífices, os próceres, os creadores e no caso que nos trae aquí, o libro do historiador Carlos Alberto Montes Marqués, coa xente que, dende finais do século XVIII,  foron facendo a vila do Carballiño. Traballo necesario, editado sen pretensións pero co esforzo, co entusiasmo e co pragmatismo que caracteriza ao Centro de Estudios Chamoso Lamas da Comarca do Carballiño (2023). Libro cunha entrañable dedicatoria a un emprendedor, de camiños abertos a México, Rogelio González Fernández, “Escaleira”,  un novo símbolo no Carballiño dos nosos días.

AVANTAR ACTIVIDADES

Carlos  A. Montes Marqués ven de familias curtidas no traballo, coñecidas e queridas, a máis dunha nova fornada de universitarios formados en  Historia que atoparon na vila unha fonte inesgotable de estudos e que no 1994 se uniron para crear tan  activo grupo de traballo. Valentes tamén en recuperar a memoria de Chamoso Lamas, personaxe entregado en momentos tan difíciles e de insensibilidades co patrimonio cultural. Un grupo que procura saber o que gardan os arquivos municipais, parroquiais, de pazos e grandes casonas, as hemerotecas… tesouros de memoria dos que, en ocasións, tamén lamentan o estado de desatención, agás os arquivos provinciais, o do Reino… Neste caso, non podemos esquecer a débeda que a investigación carballiñesa ten con Elisa Fernández-Pousa, arquiveira dende 1961 formada con Xesús Ferro Couselo, directora do Arquivo Provincial de Ourense (1989 o 2005) sempre ansiosa de informar aos estudosos de documentos que tiña atopado en relación coas terras do Arenteiro, a tan benquerida dos seus devanceiros.

José Quiroga na Banda de Música (1880) – Arquivo F. Senén)

Carlos A. Montes é  imprescindible no Carballiño dos nosos tempos: formado en Historia Contemporánea na Universidade Compostelán, na que fai tese de licenciatura (1990) sobre “A Sociedade Ourensán no século XIX”, tema que abre a momentos fundamentais na configuración da capital de provincia e das súas vilas: absolutistas e liberais, a empresa, a arrieiría e as finanzas, a emigración, a masonería, os filántropos… Buscas onde aparecen significativos persoeiros carballiñeses. Así é fundamental o seu estudo “As Orixes do Carballiño 1600-1750” ( publicado en Agentarium 2002) o nacer da vila arredor da feira.

Teremos moi en conta os traballos de historia sobre a xenealoxía e sagas familiares da vila de Francisco Fumega, o expurgo e organización no arquivo municipal do Carballiño levada a cabo por Juan José Docampo Nóvoa , autor de “O Arquivo do Concello do Carballiño, Guía Xeral, unha aproximación á Historia do Concello da Vila a través dos documentos” (1998), entre outros traballos do grupo supuxeron aclarar mitos e afianzar a historia sobre os documentos.   

Entre pescudas e compromiso co Carballiño Montes Marqués, dende o 2003 sumouse a unha política progresista, mesmo como concelleiro  do PSG. PSOE do alcalde Pachi Vázquez, para relevalo na alcaldía no 2005 por presentarse aquel ao Parlamento de Galicia e ser elixido Conselleiro. Montes Marqués será Alcalde nas eleccións municipais do 2007 ao 2011, mandatario tolerante, discreto, de feitos e que non deu que falar. Deputado Provincial do 2007 ao 2011, da executiva do FEMP e mesmo da  FEGAMP, caracterizado por ser impulsor dos recursos termais da provincia. De 1997 a 1999 Director de Cablevisión, director da Escola Taller Arenteiro dende a que se acometen obras de revitalización do patrimonio etnográfico.

Agora, neste 2023 presenta “Alarifes do Carballiño”, libro que fura en anos de patriarcado e de sombras entre as que están esas matriarcas  que gobernaban a casa e a casta. Pescudas entre nomes de xente con iniciativa, ilustres universitarios, escribáns que deixan pegada, negociantes, arrieiros, emigrantes, filántropos, ricos propietarios, os máis liberais… e poucos nomes de clérigos. Moito daqueles decimonónicos alarifes retratados pola Condesa de Pardo Bazán en “El Cisne de Vilamorta”. Algúns que mesmo se gaban na historia de ser  “Arrieiro da Raiña”, “Martir da Patria”, “Héroe nacional”, “Medalla de Beneficencia”…

Fundadores e colectividade de monxas do Asilo do Carballiño (Foto Gerardo Pérez – Arquivo F. Senén)

As orixes dunha vila arredor da feira. Lugar que, en inicio, poido ser dun tal Froila: Flores

Confirma o autor que o sitio do Carballiño xa existía como topónimo nos inicios do século XVII, pretendida lomba e campa que entra nas rivalidades territoriais e empresariais do Mosteiro de Oseira e da Encomenda de Beade. Situada na fregresía de Señorín, prioiro de Partovia, a que pertencía a Oseira,  namentres que a parroquia de Santa María de Arcos era de Beade e a de Mesego pertencía ao mosteiro compostelán de San Martiño Pinario. Mosteiros que, por cuestión de lindeiros, entran en litixo en innumerables ocasións. Conta o noso historiador que polo 1583 un tal  Xan Piña residente de Flores, lugar denominado como Vales, sementa carballos… e poida que dese viveiro de árbores tan necesarias pola madeira, tamén para o tanino dos curtidos, pola landras como alimento dos porcos… derive o topónimo Carballinneo; algoque , mesmo algún entende en relación con caramalliño, humilde caseto feito de ramas. Mentres que o topónimo de vales, quizais en relación cos valados ou valos de propiedade.

Fanse reflexións sobre o terreo coñecido como Casar de Froilaz, así pois predios dun tal Froila , quizais o tan de sona  Pedro Froilaz de Traba, Trastámara, (Sec XI) influínte nobre, educador de Alfonso VII, terratenente pois do que pode derivar o nome do noso actual Flores. Apúntase que na metade do século XII, Flores e Señorín corresponden ao dominio dun tal conde don Rodrigo que os doa aos mosteiros de Santa María de Retuerta en Valladolid e ao salmantino de San Leonardo de Alba de Tormes. Na metade do século XIII, un tal infante Pero Xoán vende a Oseira estas posesións, Partovia, Mouriz o Varón e Arcos… Ademais fanse observacións referentes ao topónimo, quizais xermánico, de Rapariz, á beira de vellos camiños, entre Tui e Lugo, pois comenta que no 1532 xa se fala do Fardel de Rapariz, en relación cos arrieiros. 

Paxinas de devandito libro que confirman que a vila vai nacendo nesa lomba, entre Arcos e Mesego, entre Raparíz e Flores e medra polas súas posibilidades para o encontro na feira, así como pola riqueza dos mananciais mineiromediciñais. Ao non saberse dun acta fundacional, tampouco se pode establecer unha data de nacemento da feira ou da vila.  Núcleo que medra de xeito progresivo dende o século XVII e o seu nome resoa entre as xente do comercio. Feira fundamentalmente cabalar, tan necesaria para arriería e para canto supón de transporte.

Libro organizado por séculos, dende o XVII ao XX, cos nomes dos fachendosos e influentes alarifes, moitos deles señores de estudos, xuristas, escribáns, emprendedores, propietarios de empresas, cortes, bestas, pendellos, criados… acadando cargos importantes na política.

Como inicio contase que no 1605 os fillos de un tal Juan Piña subaforan unha propiedade situada á beira do camiño real de Ribadavia a Compostela, contratan coa Encomenda de Beade e constrúen curros, casetas… o obxectivo é facilitar o encontro nunha feira que xa compite coa de Cea, entón cos intereses dunha Oseira que non está moi atenta a esta competencia, ate o 1650 no que o mosteiro cisterciense xa comparte intereses cos veciños de Flores e faino dende o seu couto de Partovia. Ben patentes quedan as rivalidades parroquiais entre Arcos e Mesego, entre Beade e Oseira. Polo 1683 na cima desta lomba feiral erguese unha capela dedicada ao santo franciscano de “Paz e ben” , o San Antonio, entón Oseira toma cartas no asunto con Real Carta Executoria, mediando un xuíz, e establece Casa de Audiencia e Cárcere no sitio.

Enterro en Señorín 1916 (Arquivo F. Senén)

Entre Beade e Oseira consolídase a feira do Carballiño: concentración da arrieiría

A fins do século XVII, entre os nomes coñecidos dos primeiros armadanzas da feira está o terratenente beadense Antonio Fernández Meín, párroco de de Santa María de Arcos, con propiedades que limitan coa entón xa coñecida Feira do Carballiño e coa Chousa dos Baños, pleiteante cos arrendatarios de Flores que ademais trama unha importante rede comercial. Dende entón todos ansían construír casa a carón da feira e así vaise improvisando o primeiro urbanismo.

Desaparecido o pleiteante cura de Arcos, os frades de Oseira respiran nas rivalidades  xurisdicionais coa Encomenda de Beade, as que mesmo chegan ao Consello Real da capital do Reino, o que se fai a través dos xuíces do couto de Arcos e os de Mesego. En Carta Executoria de 1.682 e Real Célula de 1728 aprobase o traslado da feira de Cea ao Carballiño…nin así Beade fai caso e mediante o seu xuíz de Mesego expulsan aos comerciantes dos seus lindes… A partires de 1744  calma o ambiente, negócianse propiedades para que Oseira amplíe o seu couto.

E así, Carlos Montes vaise referindo aos máis ilustres alarifes e faino ofrecendo un rico repertorio toponímico perdido, como Vales, Finca dos fidalgos, Chousa dos Baños, Muiño do Neto, Carpaceira,  Rachada da Torreiro… nomes das rúas, como Comercio, Recreo, Carmen, Vulcano…  entre un universo de alcumes, como  Caxigal, Carlón,   Chapurrán, Vello, Mozo, Vallecas, Fariñeiro, Castellano, Canelas, Forneiro, Carlón,  Labrdor, Patrón, Chapurráns, Cachamuiña, Avilesino, Liberador, Alegría, Paparruchos, Gurriós, Richelos, Zarapelo, Alegría, Rasquete, Chapurrana…

Entre estes construtores da vila o noso autor, por orde cronolóxico, recupera a singularidades de sagas familiares, que aínda perduran hoxe, como os Meín, Munín, Fernández, Álvarez, Valeiras, Obenza, Pereira, Francisco, Taboada, Pazo, Prieto, Cendón Mosquera, Parrondo, Fraga… os alicerces do que somos. Seguiremos a falar dos nomes e as familias ás que abre este libro e que moitos carballiñeses mesmo puideran complementar con documentos e mesmo coas primeiras fotos que gardan nalgún caixón.

Alarifes do Carballiño (libro de Montes Marqués)

______________________________________________________________________


—————————————————————————————————

Traxectoria e obras de Felipe Senén

—————————————————————————————————

Outros ártigos de Felipe Senén:

Felipe Senén: “Os programas de man das Festas Maiores do Carballiño”

Felipe Senén: “Algo sobre a emigración do Carballiño para o mundo”

Felipe Senén: “O Folión, os foguetes e os fogueteiros do Carballiño”

Felipe Senén:”Os eidos que abeiran o vello camiño das orixes, o de Flores a Señorín”

Felipe Senén:”Míticas curvas e reviravoltas nos vellos camiños do Carballiño”

Felipe Senén:”Miguel Anxo Fernández, o Carballiño e a súa aura como escritor e cinéfilo”

Felipe Senén:”O Carballiño e o reloxo de cuco do Balneario nas viaxes do escritor Alfonso Armada”

Felipe Senén:”A científica María Teresa Miras Portugal sempre na memoria do seu Carballiño”

Felipe Senén: Carlos A. Rodriguez e a súa novela sobre o galego “rei dos xíbaros”

Felipe Senén: “Xesús Carballido. Esoutra arte ou poética de argallar, pegar ou coser memoria”

Felipe Senén: “o Casino do Carballiño , a súa Festa da Mimosa e algo máis”

Felipe Senén: “Contos, medos, amuletos e santuarios das xentes do camiño”

Felipe Senén: “Felipe Senén: “A Rosa, a flor de Flores””

Felipe Senén: “A nobreza e os pazos dos arredores do Carballiño”

Felipe Senén: “O pasado e a base da Biblioteca Municipal do Carballiño”

Felipe Senén: “O profesor Xaime Ferreiro Alemparte: un universo literario entre Cabanelas e Alemaña”

Avelino Cachafeiro, o gaiteiro de Soutelo nas lembranzas do Carballiño

A devoción aos santos Martiños, celebrados con Magostos en Galiza

Felipe Senén: “O Tempo de Defuntos no pétreo barco do Cemiterio de Señorín “

Felipe Senén:”as decimonónicas fábricas de papel das terras do Arenteiro”

Felipe Senén: ” Algunhas lembranzas arredor da miña Eira de Flores “

Felipe Senén: ” O CARBALLIÑO, CAPITAL MUNDIAL DO PULPO”

Felipe Senén: “o pulpo, Aurora Baranda e o Carballiño, unha santa trindade galega”

Felipe Senén: “de monte de Mesego a cidade xardín e Parque do Carballiño”

Felipe Senén: Lalín, o Carballiño e o ir e vir do pintor “Laxeiro”

Felipe Senén: “Xoán Xacobe Fernández, o franciscano de Moire e mártir en Damasco”

Felipe Senén: “As Adegas, un idílico e misterioso lugar no ribeiriño do rio Varón”

Felipe Senén: “O profesor de debuxo, os carteis e as iniciativas de Felipe-Luis López”

Felipe Senén: ” O gran fotógrafo Alberto Martí e o Carballiño

Felipe Senén: “A Pena de Queiras entre os outeiros, “ou altares” que coroan o Carballiño “

Felipe Senén: “Veremundo Arias Teixeiro, de Cabanelas, persoeiro barroco nos anos da Ilustración”

Felipe Senén: “Flores, o barrio da parte de atrás do Concello”

Felipe Senén: “A saga familiar do arquitecto Gallego Jorreto e o Carballiño”

Felipe Senén: “Arredor das pontes sobre os ríos do Carballiño”

Felipe Senén: A fervenza artificial do Arenteiro nas Tres Penas

A Praza de Abastos: catedral do mercado gastronómico e que, de vello, honra ao Carballiño

Pregóns, aturuxos, voces, músicas ou asubíos do meu Carballiño

O bulir da feira do Carballiño arredor do sitio da súa orixe: a Praza Maior e a Igrexa Vella

O Campo da feira do meu Carballiño

A peregrinación a Compostela dos de “Nós”, con parada e fonda no Carballiño

Vicente Risco e a peregrinación como ascese. A viaxe a pé de Ourense a Compostela…polo Carballiño

Fariña Jamardo, algo máis que singular secretario do concello do Carballiño

O Carballiño nos horizontes da Trasalba de Otero Pedrayo

O Río Arenteiro, vea de auga, de economía, de historia e cultura

Francisco Luís Bernárdez, o poeta masidao que levaba prendido o panteísmo galego

O Castro de San Cibrao das Las enxergando as bocarribeiras e os ribeiros

Chamoso Lamas e os vellos e grandes muíños de Moldes

O Románico, documento da misión humanista no territorio do Carballiño

Banga dos pazos e a súa Igrexa de Santa Baia: antoloxía cultural dos Ribeiros

Inspiradores ires e vires de Marineda á Vilamorta no Ribeiro dos Quiroga

Os arrieiros do Carballiño…e un curioso documento

Un paseo a través da arte do imperial Mosteiro de Oseira

O mosteiro de Oseira… lección de historia e arte

Manuel Chamoso Lamas e a xestión do Patrimonio Cultural

Cando a orixinalidade radica nas orixes: arredor da feira do Carballiño

Outros apuntamentos para a historia do cine no Carballiño

A Residencia do Carballiño: os promotores, o arquitecto, os residentes…

O monumento aos irmans Prieto do Carballiño e o seu escultor Larrauri

Arqueoloxía do Megalitismo nas Terras do Carballiño: as mámoas, medorras, medelas…

As pantasmas do histórico “Gran Balneario do Carballiño”

Arredor do paleolítico nas terras do Carballiño, as pescudas…

O mes de maio no Carballiño…. “aqueles días azuis e este sol da infancia”

Ramón Bernárdez González, un carballiñés na “Cova Céltica” e fundador da Academia Galega

A Igrexa Vella do Carballiño coa súa gabanciosa torre

O desaparecido chalé “Col” e a lembranza da emigración carballiñesa a Cuba

O biscoito “meimón” do Carballiño e a súa receita recollida pola Pardo Bazán

Aquelas Semanas Santas carballiñesas, de ramos, carracas, caladiños e Pascua Florida

Arqueoloxía pendente: a das grandes minas auríferas de Loureiro, no Irixo

Unha abraiante xoia da arqueoloxía: a arrecada de ouro do Irixo

Memorias da Coresma

As tradicións do Entroido do Carballiño

A Casa Consistorial do Carballiño, prototipo de inquedanzas decimonónicas

A novas revisións máis “ CASTROS” nas terras do Carballiño

O Catálogo dos Castros do Carballiño do 1930… e máis que hai

Lembranzas do Nadal de noutrora no Carballiño

Os esquecidos cantos de Nadal, Aninovo e Reis do meu Carballiño

O reloxo da Consistorial do Carballiño e o seu xenial autor

A Veracruz do Carballiño: lección de pedras, arte dos canteiros e da historia da arquitectura

Pepe Prada, un premio á creatividade, á constancia e á dignidade na cultura

A devoción aos santos Martiños, celebrados con Magostos en Galiza

Mes de santos, defuntos e magostos no Carballiño de noutronte

A Fonte de Flores, abrindo ao Carballiño

Un exemplo de destrución cultural : a Igrexa de San Paio de Loeda, Piñor de Cea

A parroquia de Loureiro, no Irixo, e o arquitecto neoclásico Loys Monteagudo

Lembranzas de pintura mural no Carballiño

Machados de “tope” da Idade do Bronce atopados no Monte de Mesego

A imaxe do San Cibrao do Carballiño e o seu escultor, Aldrey

As augas e as fontes do Carballiño

Vestixios de habitat e sepulturas da Primeira Idade dos Metais no Parque do Carballiño

Noticia sobre restos romanos no patio traseiro do Grupo Escolar do Carballiño

O pintor de Marín Manuel Torres no Carballiño

E así naceu “o Cantigueiro de Orcellón” de Manuel María e algo máis…

Manuel María, o Carballiño, as bocarribeiras e os ribeiros

A madeira nas máis antigas construcións do Carballiño

Pasado e tristeiro presente da Estación de Ferrocarril do Carballiño

O sitio arqueolóxico da Pena dos Namorados

O Castro de Cameixa referente na arqueoloxía galega

Terra, Auga, Aire e Lume no San Xoán de antes

Historias e lendas arredor do Puzo do Lago, Maside

Apuntamentos arqueolóxicos sobre as terras do Carballiño