Aprobado un principio de acordo para o novo regulamento da Policía Local

O concello aprobou hoxe un principio de acordo do regulamento para a Policía Local, que será aprobado de xeito definitivo en mesa sindical unha vez sexa validado polos sindicatos. O documento consiste nunhas bases para o correcto funcionamento do corpo.

A seguinte será a reunión co Grupo de Emerxencias Municipal. Neste caso atópanse en proceso de negociación e deberán chegar a acordos en temas como o salario, o equipamento ou a conformación das quendas de persoal.

AVANTAR ACTIVIDADES