Carta asinada por representantes da Xunta e das catro Deputacións provinciais enviadas desde os consorcios provinciais contraincendios e salvamento aos representantes sindicais nos consorcios.

Aos  representantes sindicais nos  Consorcios Provinciais,

Como vostedes  saben  as Deputacións Provinciais e  a  Xunta de Galicia participan  e  financian os  catro  Consorcios Provinciais para a  prestación do  servizo contra incendios e salvamento.

AVANTAR ACTIVIDADES

O  modelo    inicial  de   xestión    para   a    prestación    deste   servizo público foi   o  de  xestión indirecta. Non  obstante, no  ano  2018 formulouse a  posibilidade do  cambio do  modelo de  xestión  para pasar  á             xestión  directa    deste              servizo         público.         Así,      tras   a correspondente tramitación, materializouse a xestión directa nos Consorcios Provinciais  de  Lugo (01/05/2019),     A  Coruña (01/01/2020) e  Pontevedra (01/06/2021), e Ourense neste ano  2023.

Este cambio de  modelo de xestión veu  motivada e xustificada por entender que esta modalidade de xestión directa é máis sostible e eficiente para a prestación deste servizo, de  conformidade coa Lexislación  de  réxime Local,  aplicable a  estes consorcios provinciais.

Nos  acordos de  cambio de modelo de  xestión  se  prevía que o persoal de   bombeiros se subrogaba en  réxime de  indefinido  non fixo,  para, posteriormente, a  través  dun proceso selectivo,  de acordo  co   establecido  na   normativa  correspondente, garantindo os  principios constitucionais  de  igualdade, mérito e capacidade, converterse  en   persoal  indefinido dependente  do consorcio respectivo.

É   dicir, acometeríase  un   proceso selectivo  dos  bombeiros (a través   dun     concurso-oposición),  respectando   os    principios rectores de  acceso á función pública previstos  na  normativa reguladora da  mesma para que os  bombeiros se convertesen de forma definitiva en  persoal fixo  dos consorcios.

Malia o anterior, a raíz da sentenza do Tribunal Supremo-Sala do Social  n° 270/2022, do 28/01/2022, nos Consorcios Provinciais manifestouse  a  vontade   de  aplicación desta   sentenza,   previo informe favorable da  secretaría dos  respectivos consorcios.

Ese  informe establece  que   a  materialización  da   fixeza  do persoal subrogado  polos Consorcios Provinciais require como trámites  precisos simultaneamente  coa  fixeza a  necesidade dun  acordo que   recolla as  condicións laborais de  aplicación a este persoal.

Cómpre  recordar neste punto os acordos bilaterais asinados nos anos  2018 e 2019 entre as  Deputacións Provinciais  da Coruña  e de Lugo e os  representantes dos  traballadores para  o mantemento das  condicións laborais  dos   bombeiros durante un  período  de  6 anos, dende  a súa sinatura; é dicir, estes acordos están plenamente vixentes ata  o ano  2024  ou/e  2025,  polo tanto son  actos firmes e consentidos por ambas as partes, porque por ningunha  delas foron obxecto de  impugnación ante  calquera autoridade  laboral ou xudicial.

Malia  o  anterior,  por   parte  das   administracións  con   boa  fe negocial e co  obxecto de  chegar a acordos ofertouse aos traballadores   asinar  un   convenio    unificado  en   cada    un   dos consorcios que  recollese as mellores condicións a nivel provincial dos  convenios existentes  e  recoñecemento da  condición de indefinidos fixos  aos  traballadores para  negociar posteriormente un  convenio  en  cada   unha   das   provincias  que   homologase as condicións deste servizo nos catro consorcios.

Neste  senso, como  vostedes coñecen sempre houbo  boa vontade negociadora pola  nosa  parte para  acadar un acordo con esa representación   sindical  que   sexa   satisfactoria  para   os traballadores e  para  o  propio  servizo, pero,  como  non  pode  ser doutro xeito,  sempre dentro da  legalidade e  das  limitacións que estes consorcios teñen como  administración pública  que  son.

En base  ao anteriormente sinalado queremos trasladarlle  o seguinte:

•   Unha vez  analizada a  proposta de  convenio   presentada  por esa  representación sindical  entendemos que esta  non é viable nin económica  nin xuridicamente.

• A materialización e implementación das  previsións contidas nesa   proposta  de  convenio   invalidarían  a  xustificación do cambio  do  modelo  de xestión acordado no seu  día, tendo en canta que  os citados acordes están vixentes e son firmes, xa que foron  aceptados por ambas as  partes, e que  nunca foron impugnados ante calquera autoridade Laboral ou xudicial.

• A rotura unilateral dun  acorde firme e  negociado por  unha das     partes   pode    ter   diversas  consecuencias, como    o incumprimento das  obrigacións pactadas, e a posibilidade de interpoñer reclamacións Legais ante os tribunais de xustiza.

• A aplicación  ao  persoal do  mantemento das  condicións do pasto de orixe do servizo contra incendios debe  ser  acordada nos Plenos  de cada  un dos  consorcios provinciais  e amparada polos        informes  favorables  dos   servizos  xurídicos    destas entidades;       en   ningún    caso    esta  é   automática  para    os traballadores, xa que  habería que  pór en marcha un proceso selectivo  atendendo    aos     princ1p1os    de     publicidade, obxectividade e  concurrencia, pois  en  caso  contrario esta­ ríase  a vulnerar os mencionados principios constitucionais de acceso á función   pública  infrinxindo as  normas e  requisitos establecidos  para  o  ingreso a  un  pasto ou  cargo  público, como  a igualdade de oportunidades, mérito e capacidade, transparencia e publicidade nos  procesos de selección, entre outros.

•    lnstámoslles a   que   presenten  unha    nova   proposta   de convenio viable  para ambas as partes  e  que responda a os  criterios a os  que  as administracións públicas se ven sometidas de  acorde coa  Lei de  Orzamentos do  Estado,  de aplicación   obrigatoria  para  estas, e  as  demais   disposicións Legais de aplicación, así como  a xurisprudencia existente.

• Así mesmo, entendemos  que  sería  oportuno  reconfigurar o modelo  de  reunións de  negociación Levadas acabo ata  este intre, para  que  estas foran   máis  dinámicas e operativas  co obxecto, se é o caso,  de poder  chegar a acordes.

Polo    tanto,  reiterando  a   vonta d e   por    p arte  d as    catro Deputacións Provinciais e  da  Xunta  de  Galicia  d e  chegar a un acordo con  esa   representación  sindical, solicitámoslle unha nova  proposta de  convenio para  a súa  negociación entre todas as  partes.