Accidente de tráfico múltiple na Avenida 25 de xullo no Carballiño

NOTA INFORMATIVA DA POLICÍA LOCAL

A policía Local pon en coñecemento, a asistencia dunha patrulla a un accidente de tráfico multiple, neste día 19 de novembro pasadas as 19:05 horas, con 3 vehículos implicados e alomenos unha persoa ferida ata o momento, a cal foi trasladada polos servizos sanitarios a urxencias.-
Trátase dunha colisión en cadea, na travesia 25 de Xullo ( N-541) cando os vehículos circulaban en sentido Pontevedra; a consecuencia do accidente, estivo cortado un carril de circulación, por espazo de dúas horas, sendo restablecida esta, preto das 9 da noite.-
O parecer o primeiro vehículo da cadea se desvia na traxectoria para a súa dereita, e nese preciso intre, foi alcanzado polas outras duas unidades implicadas.-

AVANTAR ACTIVIDADES


Segundo as primeiras investigacións, todo apunta a un despiste dun dos condutores da secuencia, Quen non se percatou da manobra da primeira unidade.-
Os danos aprezados son de bastante consideración, tendo que ser retirados polos guindastres das compañías de seguros.-
O servizo de Grupo municipal de emerxencias do concello do Carballiño, fíxose cargo da limpeza viaria.-