A Deputación colabora co I Campionato absoluto ibérico de Tenis que reúne en Ourense a 32 deportistas

O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, coñeceu hoxe no Pazo Provincial os detalles desta proba que se disputará do 7 ao 10 de decembro no Pereiro de Aguiar e en San Cibrao das Viñas 

Ourense, 4 de decembro de 2023.- A Deputación de Ourense colabora co I Campionato absoluto ibérico de Tenis Ourense no que competirán equipos do noroeste de España e do norte de Portugal. O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández coñeceu hoxe, no Pazo Provincial, os detalles da competición da man do presidente da Federación Galega de Tenis, Xosé Mosquera; o xefe do Servizo de Deportes da Xunta en Ourense, Manuel Pérez; o concelleiro de Deportes do Concello de Ourense, Aníbal Pereira; e o xerente de Padel Prix, Iago Laredo. 

AVANTAR ACTIVIDADES

O Campionato reúne a un total de 32 participantes masculinos e femininos procedentes de Porto, Aveiro, Coimbra e Leiria da zona portuguesa, e de Asturias, Cantabria, País Vasco, Castela e León e Galicia, de España. A proba disputarase do 7 ao 10 de decembro nas instalacións do Club Santo Domingo do Concello de O Pereiro de Aguiar e nas pistas do Padel Prix en San Cibrao das Viñas.